O servizo refórzase cun incremento de 6.000 horas anuais de axuda no fogar
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide vén de aprobar un aumento de horas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) polo cal se verán beneficiadas persoas maiores con déficit de autonomía ou persoas con discapacidade que precisen de atención nas actividades básicas da vida cotiá. Con este incremento, acádase unha cifra récord nas horas adicadas a este servizo, cun total de 47.748 horas anuais que permiten minorar considerablemente a lista de agarda que presenta na actualidade.

A concelleira de Política Social e Igualdade, Carmen Liñeira, destaca que “o Servizo de Axuda no Fogar é moi demandado polos nosos veciños/as ao tratarse dun concello cuxa medida de idade é moi elevada, polo que supón unha gran satisfacción poder chegar a cada paso a máis fogares para mellorar a calidade de vida das persoas".
Comments