top of page

Melide impulsa un ano máis o reparto dos seus doces tradicionais nos puntos de doazón de sangue

As accións comezarán o 29 de abril en Lugo e desenvolveranse tamén na Coruña,

Santiago e Melide ata o 8 de maio, como antesala da festa dos días 9 e 10


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide colabora un ano máis coa Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue nunha campaña de difusión da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional a través do reparto dos seus doces tradicionais nos puntos de doazón de sangue.

A iniciativa arrancará o vindeiro 29 de abril en Lugo, en horario de 9:30 a 14:30 horas, e continuará o 30 de abril na Coruña, de 15:30 a 21:00 horas. Xa no mes de maio, a campaña chegará a Santiago de Compostela o día 6, tamén en horario de tarde (15:30 a

21:00 horas), e rematará en Melide o 8 de maio, cunha xornada completa.


Durante estes días, as persoas que se acheguen a doar sangue recibirán melindres e outros doces tradicionais da vila, nunha acción coa que o Concello reforza a proxección

da XXXIV Festa do Melindre, que se celebrará os días 9 e 10 de maio na localidade. Esta proposta súmase a outras iniciativas desenvolvidas ao longo do ano para difundir a festa, como foron a presentación do cartel en Madrid no marco de Fitur, a promoción realizada en Foz durante o Certame de Baristas, ou a presenza recente en Santurtzi.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ademais, repartíronse 20.000 manteis de papel promocionais da festa entre establecementos de hostalería e restauración.


A XXXIV Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2013, rende homenaxe aos tres doces que identifican a tradición

reposteira da vila (melindres, ricos e amendoados), elaborados nos fornos locais seguindo receitas transmitidas de xeración en xeración. A celebración naceu no ano 1991 por

iniciativa do Concello co obxectivo de protexer e poñer en valor este saber facer.


Programa da XXXIV Festa do Melindre

Sábado, 9 de maio

11:00 horas: apertura da feira.

11:30–15:00 horas: animación de rúa coa charanga Achicoria e Herba Grileira.

13:00–14:00 horas: obradoiro doce ‘Coas mans na masa’, con Mary Mosteiro.

17:00–18:00 horas: maridaxe de viños e doces con Martín Ribeirao.

18:00 horas: Actuación de Herba Grileira na Praza das Coles.

18:30–19:30 horas: showcooking ‘Melide en petiscos: saborosa memoria da tradición

doce’, con Manuel Garea.

20:00 horas: peche da feira.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Domingo, 10 de maio

11:00 horas: apertura da feira.

11:30 horas: animación de rúa con Froito Novo, Os da Taberna e a charanga Brassica Rapa.

12:00 horas: nomeamento de embaixadores e pregón no Cantón de San Roque.

13:00 horas: animación musical nas rúas.

17:30 horas: concerto infantil tributo ‘Lembra Xabarín’, no Cantón de San Roque.

18:00 horas: peche da feira.

19:00 horas: Actuación de Sabela na Praza das Coles.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page