Melide homenaxea a escritores e escritoras desta vila coa colocación de placas nas casas nas que residiron
- Laura Moure

- 13 may
- 2 Min. de lectura
O Concello celebrará o 17 de maio ás 12:00 horas o acto central da programación das Letras Galegas co descubrimento simbólico da placa dedicada a Amador Rodríguez
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide, a través da Concellería de Cultura, que dirixe Ana Mosteiro, e por iniciativa do Museo da Terra de Melide, homenaxea escritores e escritoras falecidos que naceron ou viviron na vila coa colocación de doce placas conmemorativas nas casas nas que residiron. A iniciativa desenvólvese baixo o lema ‘O Melide das Letras’.
A proposta busca converter estes inmobles en espazos de memoria para que o legado literario e cultural que deixaron non sexa esquecido co paso do tempo e para que as
novas xeracións coñezan e valoricen a historia literaria e cultural de Melide.

As 12 placas homenaxean a doce escritores e unha escritora relacionados coa creación
literaria, a investigación histórica, o ensino e a difusión da cultura popular melidense.
As placas colocadas son as seguintes:
Eduardo Álvarez Carballido, médico-cirurxián e historiador de Melide, na Rúa do
Progreso, 9.
Emilio Pereiro Quiroga, autor de poemas e contos en prosa; e Juana Teresa Juega
López, poetisa e narradora, na Rúa do Progreso, 39.
Antonio L. Taboada Roca, farmacéutico e historiador de Melide, na Rúa do Progreso, 6.
Manuel Taboada Roca, Conde de Borraxeiros, maxistrado e académico, na Rúa do
Progreso, 6.
PUBLICIDADE
Amador Rodríguez Martínez, presbítero, galeguista e investigador do folclore e da
tradición oral da Terra de Melide. Coautor, xunto a Vicente Risco, do capítulo 6 do Terra de Melide (Seminario de Estudos Galegos, 1933), na rúa do Convento, 7.
Nilo Cea Rodríguez, mestre, narrador, poeta e debuxante, na Ronda da Coruña, 10.
Rafael Taboada Vázquez, sacerdote, museólogo e escritor, na rúa San Antonio, 4.
Jesús Mosteiro Raído, mestre e escritor, na Rambla de San Pablo, 42.
Xosé Manuel Rodríguez Pampín, crego, teólogo, docente e escritor, na Ronda da
Coruña, 34.
Antonio Hermida Rodríguez, avogado, historiador e investigador, na Rúa do Progreso,
15.
Carlos Parrado Garea, investigador e activista cultural, na Rúa Mateo Segade Bugueiro, 33.
Xosé Domingos Cidre Bastián Fuciños Gómez, “Mingos de Pita”, activista cultural e
investigador, na Praza do Convento, 2.
Toda a información no PDF:
PUBLICIDADE
O acto central da programación das Letras Galegas terá lugar o 17 de maio ás 12:00 horas na Rúa do Convento, número 7, co descubrimento simbólico da placa dedicada a
Amador Rodríguez Martínez. O resto das placas permanecerán xa descubertas nos distintos inmobles.








Comentarios