top of page

Melide habilita no Folicheiro unha nova senda para a seguridade dos paseantes

29 ene 2022
1 min de lectura

Ten unha lonxitude aproximada de 670 metros a ambos os lados da vía


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide informou este venres da finalización das obras de acondicionamento dunha senda peonil na área de Folicheiro. O proxecto tivo por obxecto mellorar a seguridade viaria na a zona, ademais de mellorar a pavimentación do vial previamente existente. A través desta nova infraestrutura, o Concello continúa a desenvolver zonas seguras para camiñar, promovendo e facilitando os hábitos de vida saudables entre a veciñanza.

Os traballos nesta senda, que ten unha lonxitude de 667 metros a ambos os lados da vía e unha anchura media de dous metros, incluíron a utilización de material de zahorra artificial e pavimento de mezcla de bituminosa en quente. Igualmente, realizouse unha rede de recollida de augas pluviais. Na área desenvolveuse unha zona de aparcadoiro, con subbase de zahorra artificial e pedra e dous tratamentos asfálticos, ademais dunha capa de MBC. Por último, no vial existente previamente repavimentouse con MBC de cinco centímetros de espesor.

O orzamento de execución da obra, que comezou en novembro do pasado ano e rematou antes dos catro meses inicialmente previstos, foi de 99.321 euros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page