top of page

Melide executa obras de mellora da pavimentación e da seguridade viaria na Avenida de América

A actuación, licitada por 181.500 euros, desenvólvese tamén nas rúas Fernández Flórez, Alfonso Castelao e Magallanes, na zona norte do centro urbano


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide está a executar obras de mellora da pavimentación e da seguridade viaria na Avenida de América e nas rúas Fernández Flórez, Alfonso Castelao e Magallanes. A actuación abrangue un tramo total de 287 metros de lonxitude.

A intervención permitirá mellorar o funcionamento destas vías e reforzar a seguridade,

facilitando a convivencia entre o tránsito peonil e o tráfico rodado. Ao mesmo tempo,

contribuirá á humanización e á mellora das condicións de mobilidade na zona norte do

centro urbano.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O proxecto contempla a reorganización do espazo das rúas mediante a creación dunha plataforma única compartida por vehículos e peóns, elevada respecto dos viarios actuais.

A diferenciación entre os distintos usos realizarase a través dos materiais empregados. A

zona destinada á circulación contará con pavimento de mestura asfáltica en quente,

mentres que as áreas de estacionamento executaranse con formigón desactivado e o

espazo peonil con baldosa granallada. As actuais beirarrúas serán demolidas para

adaptarse a esta nova configuración. A actuación inclúe a instalación dun sistema de

drenaxe para a recollida e canalización das augas pluviais.


Esta intervención dá resposta á situación actual destas rúas, que presentan dous sentidos

de circulación, beirarrúas a ambos lados e zonas de estacionamento sen delimitar. Ademais, nalgúns puntos as beirarrúas non superan os 90 centímetros de ancho, o que

dificulta o paso e limita a accesibilidade, ao tempo que o pavimento presenta desgaste

polo paso do tempo e por distintas intervencións de canalización de servizos.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A obra foi licitada por un importe de 181.500 euros e está incluída na segunda fase do

POS+ Adicional da Deputación da Coruña.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page