top of page

Melide despide a toda unha eminencia do pulpo

Falece Mercedes Rodríguez Varela da Pulpería Ezequiel


Laura Moure/Melide

Mercedes Rodríguez. Fonte: Santos López.

Melide é sinónimo de pulpo (polbo, o termo correcto en galego). E se falamos de polbo en Melide temos que falar por suposto, de Pulpería Ezequiel, un negocio con moita tradición, un local que é todo un referente e que endulza padais de distintos rincóns do mundo. O matrimonio formado por Ezequiel Parrado e Mercedes Rodríguez levantaron un negocio moi potente e co que continúan os seus fillos. Este luns Melide despediu a Mercedes Rodríguez, que finou aos 88 anos, e cuxo marido tamén faleceu tempo atrás, no 2014.

Mercedes era unha persoa moi querida e foron moitas as mostras de cariño que recibiu a longo das últimas horas a súa familia. Sen dúbida, esta muller xa forma parte da historia de Melide e dos melidenses. D.E.P

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page