Melide despedíu onte por todo o alto a súa 19 Foliada
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Melide
Melide despediu este domingo con éxito a súa Foliada. O segundo día continuou a ateigar a vila, cunha gran asistencia de visitantes e veciños que gozaron de cada unha das actividades dunha programación pensada para todos os públicos.

Durante a cita celebrouse a presentación musicalizada do libro 'O violín que trae o vento', de Adrián Méndez, no Salón de Plenos do Concello. No acto participou a edil de Política Social, Carmen Liñeira. 'O Violín que trae o vento', relata a vida de Modesta Fernández, máis coñecida como ‘A cega de Noceda’, violinista da Fonsagrada. Conta coa colaboración de Xulia Feixoo e Begoña Riobó. Tamén ten unha parte musical na que colaboraron Pärbo, As Cegas de Ouselle, Caldo, Caamaño&Ameixeiras, Abril e Carmen&Marcos.
Ademais, a Banda de Gaitas de Ortigueira, acompañada de xigantes e cabezudos, animou as rúas e actuou posteriormente na Praza do Convento.
PUBLICIDADE
A sesión vermú celebrouse na Praza das Ichoas, a cargo de Irmaus da Raia Seca.
Pola tarde, a Foliada trouxo a actuación dos Monifates para o público máis novo na Praza do Convento, cun enfoque didáctico para dar a coñecer a riqueza e variedade da música e da instrumentación tradicional galega, mesturada co baile e coas historias dos seus personaxes.
PUBLICIDADE
Ademais, houbo xogos populares interxeracionais, dirixidos pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, na Rúa do Convento. A maiores, a programación incluíu a Mostra de Baile Tradicional con Cantigas e Frores.
Puxeron o broche final a esta 19 edición da Foliada os concertos de Felisa Segade e de Tiruleque.








Comentarios