top of page

Melide convida a vivir o Nadal no cerne de Galicia cunha completa programación

A San Silvestre Solidaria e a Cabalgata de Reis volven salientar ademais de haber teatro, espectáculos de maxia, festas e concertos e un campamento infantil


Laura Moure/Melide

Baixo o lema “Vive o Nadal no cerne de Galicia”, o Concello de Melide configurou un amplo e variado programa de actividades para estas festas que inclúen teatro, concertos, actividades infantís e a tradicional Cabalgata de Reis. O programa dá comezo o sábado 16.


Ese día terá lugar a conmemoración dos 20 anos da Asociación Galega do Xogo Popular

e Tradicional, organizada pola Asociación. O mesmo día, ás 19 horas, o centro sociocultural Mingos de Pita acolle un Festival de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Melide. Actuarán o Orfeón Alcoa de Arteixo e a Coral Lembranzas de Santa Cruz.

O centro sociocultural será escenario de moitos outros eventos incluídos na programación

natalicia. O xoves 21 de decembro, o alumnado e profesorado do conservatorio de música

de Melide ofrecerán alá un Concerto de Nadal ás 20 horas. Ao día seguinte, venres 22, no

mesmo lugar representarase unha actuación de teatro e baile que leva por nome “A maxia

do Nadal” e corre a cargo do alumnado das escolas culturais de baile moderno, ballet e

teatro do Concello. Será ás 18:30 horas.


Publicidade

As actividades no centro sociocultural Mingos de Pita continúan logo do día de Nadal. Así, o martes 26 ás 17:30 horas representarase a obra Carabela, da Compañía Galeteatro. Trátase dunha obra para público familiar a partir dos 3 anos de idade, que narra o

naufraxio dunha cociñeira na Illa Pequena de Plástico. Está escrita por Paula Carballeira e dirixida por Davide González.


O mércores 27, o centro acolle un espectáculo de ilusionismo coa maga Patri Zenner.

Terá lugar ás 17:30 horas. Trátase dun espectáculo ecolóxico, emotivo, visual e divertido

dirixido ao público familiar.


Á mesma hora, ao día seguinte, xoves 28 de decembro, representarase o espectáculo

visual Güela Güela de Galitoon. Narrarásenos a aventura dunha pequena cegoña que

realza o valor da amizade, a solidariedade e voar en grupo.


As dúas últimas actividades no centro sociocultural terán lugar o venres 29 e o sábado 30

de decembro. A primeira, o venres, será o Concerto de Nadal da Orquestra Clásica de

Vigo, ás 20 horas. Esta orquestra destácase pola sua aposta pola innovación e novos

formatos. A segunda actividade será o tributo musical La Sirenita, ás 18 horas do sábado 30. As entradas para este espectáculo deben adquirirse en www.giglon.com . Volveremos

percorrer a clásica historia de Ariel e a súa arela por coñecer o mundo dos humanos.


San Silvestre

O 31 de decembro volve ser un día para despedir o ano co deporte. A Carreira San

Silvestre Solidaria Melidense, organizada pola Asociación Deportiva Cerne, partirá da

praza do convento. Contará con tres categorías: benxamíns (saída ás 16:15h), escolares

(saída ás 16:30h) e adultos (saída ás 17h).

Publicidade

O novo ano chegará coas últimas actividades para conmemorar o Nadal. A biblioteca municipal acolle senllos espectáculos na primeira semana do 2024. O mércores 3 de

xaneiro ás 17:30 horas Cris de Caldas representará Contos de Nadal. Trátase dunha sesión de contos mesturados e divertidos onde nada é o que parece. Diríxese a un público a partir dos 4 anos.


Ao día seguinte, xoves 4 de xaneiro, á mesma hora, representará o seu espectáculo de

marionetas Títeres Alakrán, que leva por título A Pita Xefa. Dirixido a un público familiar a

partir dos 3 anos, é unha adaptación da obra de Marta Lado que gañou o III Premio Fina

Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.


O venres 5 as rúas de Melide serán escenario da tradicional Cabalgata de Reis. Sairá ás

17:30 horas do Pazo de Congresos. Ás 18:30 horas, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente recibirán ás nenas e nenos no Belén Vivente do centro sociocultural Mingos de Pita. Colabora nesta actividade a Asociación Cultural Charamela.


Publicidade

Por outra banda, o Belén Artesán poderá visitarse todos os días de 8:30 a 19 horas na

entrada da Casa do Concello de Melide.


Nadal no Centro Social

O Centro Social de Melide conta un ano máis con programación de seu polo Nadal, que

inclúe senllas festas con Suso de Boente. A primeira será a Festa de Nadal o sábado 23

de decembro ás 17 horas. A segunda, a Festa de Reis o sábado 6 de xaneiro ás 18 horas.


Campamentos

Co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante as festas, o Concello organiza o

Campamento de Nadal “Nadal polo mundo”. Celebrarase do 22 ao 29 de decembro e do 2

ao 5 de xaneiro. Está destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos de idade. O horario de

actividades será de 9 a 14 horas. As inscricións, que poden facerse por días e para as que

hai prazas limitadas, poderán facerse entre o 11 e o 19 de decembro no departamento de

Cultura do Concello.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page