Melide celebrou o acto central das Letras Galegas co descubrimento da placa de Amador Rodríguez
- Laura Moure

- hace 41 minutos
- 2 Min. de lectura
Enmárcase no ‘Melide das Letras’, impulsada polo Museo da Terra de Melide e promovida pola Concellería de Cultura do Concello para homenaxear aos escritores desta vila
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide celebrou este domingo o acto central da programación das Letras Galegas co descubrimento da placa dedicada a Amador Rodríguez Martínez na Rúa do Convento. A iniciativa enmárcase no ‘Melide das Letras’, impulsada polo Museo da Terra de Melide e promovida pola Concellería de Cultura, que dirixe Ana Mosteiro.

No acto participaron o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e as edís de Cultura, Ana
Mosteiro, e de Servizos Sociais, Carmen Liñeira.
A proposta homenaxea escritores e escritoras falecidos que naceron ou viviron en Melide
coa colocación de doce placas conmemorativas nos inmobles nos que residiron,
convertendo estes espazos en lugares de memoria para conservar e divulgar o seu
legado.
PUBLICIDADE
O acto central estivo dedicado a Amador Rodríguez Martínez, presbítero, galeguista e
investigador do folclore e da tradición oral da Terra de Melide, ademais de coautor, xunto
a Vicente Risco, do capítulo 6 do Terra de Melide (Seminario de Estudos Galegos, 1933).
As restantes placas, xa colocadas en distintos inmobles da vila, lembran tamén a Eduardo
Álvarez Carballido; Emilio Pereiro Quiroga e Juana Teresa Juega López; Antonio L.
Taboada Roca; Manuel Taboada Roca, Conde de Borraxeiros; Nilo Cea Rodríguez; Rafael
Taboada Vázquez; Jesús Mosteiro Raído; Xosé Manuel Rodríguez Pampín; Antonio
Hermida Rodríguez; Carlos Parrado Garea e Xosé Domingos Cidre Bastián Fuciños
Gómez, “Mingos de Pita”.
PUBLICIDADE
Con esta proposta, o Concello busca que as novas xeracións coñezan e valoricen a
historia literaria e cultural de Melide, mantendo viva a memoria das persoas que
contribuíron á creación e difusión da cultura local.








Comentarios