top of page

Melide celebrou a clausura das escolas deportivas e culturais consolidando a alta participación veciñal

Máis do 10% da veciñanza inscribiuse nalgunha das actividades deportivas e culturais impulsadas polo Concello, cuxas clausuras incluíron exhibicións e mostras do traballo desenvolvido durante a tempada


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide celebrou o venres a clausura das escolas deportivas e culturais municipais, nunha nova edición marcada pola elevada participación veciñal e pola ampla oferta de actividades desenvolvidas ao longo da tempada. Arredor de 850 alumnos e alumnas pasaron este ano polas distintas propostas impulsadas desde o Concello, unha cifra que supón que máis do 10% da poboación melidense se inscribise nalgunha das actividades deportivas e culturais ofertadas.


Ao longo da tempada desenvolvéronse unhas 25 actividades diferentes, estruturadas en máis de 55 quendas, vinculadas á cultura e ao deporte. Desde o Concello destacan tamén

o esforzo realizado para dar resposta á demanda existente e conseguir que practicamente

non quedasen persoas en lista de agarda ao remate do curso.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O Goberno local sinala que as escolas municipais continúan sendo un espazo importante

para fomentar hábitos saudables e creativos entre persoas de diferentes idades. “A resposta da veciñanza segue sendo moi positiva ano tras ano”, precisa.


Entre as actividades culturais desenvolvidas este ano estiveron ballet creativo e danza contemporánea, club de lectura, cociña, danzas urbanas, pintura, costura e novas

tecnoloxías. No ámbito deportivo ofertáronse disciplinas como abdominal/core, aeróbic,

atletismo, bádminton, deporte combinado, fútbol sala, mobilidade e estiramento, patinaxe,

spinning, tonificación, TRX, voleibol, zumba, ximnasia, pilates, entre outras.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A clausura das escolas culturais celebrouse no centro sociocultural Mingos de Pita cunha exhibición de baile moderno e ballet, unha exposición dos traballos realizados nos obradoiros de pintura e costura e unha degustación de biscoito e arroz con leite

elaborados e servidos polo alumnado da actividade de cociña.


Pola súa parte, a clausura das escolas deportivas desenvolveuse no pavillón da Martagona, onde tamén se realizaron distintas exhibicións e actividades para amosar o traballo realizado polo alumnado ao longo da tempada.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page