top of page

Melide celebra o San Roque con sete xornadas cargadas de actividade cultural

Esgotaronse en cuestións de horas as entradas para os concertos de Heredeiros da Crus e da París de Noia

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, a través da Concelleira de Cultura e Turismo, Mayka Basalo, presentou na mañá de hoxe a programación do San Roque Cultural 2021, que encherá Melide de espectáculos entre os días 16 e 22 de agosto. A programación conta con actividades para todos os públicos, bandas de música, actividades infantís, charangas e orquestras que animarán a vila durante a terceira semana do mes de agosto.

Mayka Basalo durante a presentación.

Programaranse eventos na Praza do Convento, Parque Rosalía de Castro e no aparcadoiro público detrás da Capela de San Roque, coa finalidade de dinamizar diferentes zonas da vila. Heredeiros da Crus, o grupo local de música tradicional Os Melidaos e as orquestras París de Noia, Os Satélites e Marbella serán algunhas das actuación programadas.


Para asistir aos seguintes eventos é necesaria reserva previa de entradas, a través da

plataforma ataquilla.com: Heredeiros da Crus, Os Satélites, Los Players, París de Noia e

Marbella. Cada usuario poderá reservar dúas entradas. Porén este martes pola tarde, ( o prazo para reservar comezou hoxe ás 13:30 horas) xa se anunciou que estaba esgotadas as entradas para os concertos de Herdeiros da Crus e da París de Noia. As entradas serán válidas ata cinco minutos antes do inicio do evento. No caso de prazas libres completarase por orde de chegada.


Todos os eventos realizaranse cun amplo dispositivo de seguridade que velará polo estricto cumprimento das normas sanitarias establecidas.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page