top of page

Melide celebra o Mes do Libro con literatura e funcións de narración oral

Laura Moure/Melide

Un variado programa de actividades conmemorará neste abril o Mes do Libro, impulsadas polo Concello de Melide. Entre elas figuran espectáculos de narración oral e monicreques dirixidos ao alumnado de infantil e primaria dos tres colexios melidenses e tamén a presentación dunha novela.

O martes 23, a data en que se celebra o Día Internacional do Libro, a Biblioteca Xosé Vázquez Pintor acollerá a representación do espectáculo de narración oral e monicreques Lúa quere viaxar a... Marte!, a cargo da compañía A Xanela do Maxín. A función diríxese ao alumnado de educación infantil dos tres colexios de Melide, en pases que se celebrarán ás 10, ás 11 e ás 12 horas.


Publicidade

Ao día seguinte, o mércores 24 de abril, Cris de Caldas traerá o seu espectáculo de narración oral e monicreques Menú Máxico de Contos. Será, como o día anterior, na Biblioteca Xosé Vázquez Pintor, desta volta orientada aos alumnos e alumnas de primaria

dos colexios. As sesións serán ás 10h, 11,h e 12h.


Publicidade

O venres 26 de abril, a autora María Teresa Pereiro presentará o seu libro El tiempo de la sal na sala de conferencias do edificio multiusos. Será ás 20 horas. O libro, unha novela, ambiéntase no Vigo de finais do século XIX e ten como protagonista a Sabela, unha moza

traballadora na esmorecente industria do salgado. Trátase dun relato intimista onde a realidade e a ficción se enlazan na construción da narración, merecedor do XXV Premio

Tiflos de Novela.


Por outra banda, o Concello anuncia, e dentro das actividades do Mes do Libro, creación dun punto de lectura infantil no centro de saúde de Melide.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page