top of page
Foto del escritorLaura Moure

Melide celebra as Letras Galegas con contacontos, obradoiros e cun concurso de relato curto

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, a través da Concellaría de Cultura, levará a cabo unha programación especial para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a poetisa de Sarria Xela Arias. Os centros educativos desta vila desfrutarán os días 10, 13 e 21 de maio de contacontos e monológos de temática educativa e cultural.

O venres, día 14 de maio, a radio municipal emitirá un programa especial sobre a vida e obra de Xela Arias. Será ás 11:00 horas.

Na mesma liña, o luns 17 de maio celebrarase ás 18:00 horas un contacontos e obradoiro de debuxo ilustrado, ao que poderá acudir público de todas as idades, previa reserva de praza.


No Parque de Rosalía de Castro e no Centro Sociocultural Mingos de Pita terá lugar o 22 e 23 de maio un obradoiro de Rap Improvisado en Galego, no que poderán participar nenos e nenas maiores de 13 anos, sendo necesaria a reserva de praza para poder realizar a actividade.


O Ditame do I Premio do Relato Curto en Prol da Igualdade, a pintada de frases literarias nos pasos de peóns e a emisión de dípticos sobre Xela Arias, completan o programa.


As reservas de praza poderanse realizar no correo electrónico reservasculturais@concellodemelide.gal, no teléfono 981 505 003 EXT 2122 ou no Departamento de Cultura do Concello de Melide.

A vila de Melide.

Autor: Ecos da Comarca.


0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page