top of page

Melide aproba un investimento de 149.905 € na piscina climatizada, un paso decisivo para a súa reapertura

A actuación está subvencionada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027


Laura Moure/Melide

A Xunta de Goberno local do Concello de Melide adxudicou onte, por procedemento aberto simplificado, a obra de mellora da eficiencia enerxética en instalacións de produción de calor e iluminación da piscinas climatizada, un paso decisivo para poder reabrir as instalacións. A actuación está subvencionada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

En relación coa mellora da eficiencia de instalacións de iluminación proponse a substitución parcial de iluminación convencional por iluminación do tipo led. O alcance da

proposta inclúe a migración de todas as luminarias a iluminación do tipo led, á vez que

nas zonas de uso continuo con afectación da luz exterior, se van implementar sistemas de control lumínico que reduzan a potencia lumínica de forma adaptativa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Na mellora da eficiencia de instalacións térmicas, proponse a substitución das caldeiras actuais de propano, de tecnoloxía de combustión atmosférica. O proxecto inclúe a substitución de bombas circuladoras por equipos de alta eficiencia, a modificación

hidráulica, a integración con produción de A.Q.S. actual e automatización mediante

control automático de toda a sala de máquinas, o desmonte de toda a instalación

existente e a execución de silo de almacenaxe de pellets.


Os traballos teñen un orzamento de contrata de 149.905 euros e un prazo de execución

de catro meses.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Modernización de equipos e redución de gastos

O Goberno local explica que a actuación “representa un aforro nos costes no consumo de

enerxía eléctrica, ao reducir a potencia instalada, así como unha mellor calidade na iluminación e eficiencia na produción de auga quente”. De igual xeito, a modernización

dos equipos evita o incremento de danos e deterioracións existentes na actualidade, e

limita o gasto que ocasionaría o incremento das deterioracións actuais.


Considérase que a obra a realizar non ocasionarán novos gastos de mantemento, e que non é previsible que nun horizonte de cinco anos xere novos gastos como consecuencia

da súa execución.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page