top of page

Melide aposta polo teatro profesional en marzo co ciclo “Domingos de Teatro 2026”

O Centro Sociocultural Mingos de Pita acollerá catro funcións dirixidas a público adulto, todos os domingos ás 19:00 horas


Laura Moure/Melide

Melide volverá converterse en punto de encontro para os amantes das artes escénicas co ciclo “Domingos de Teatro 2026”, unha programación de teatro profesional dirixida a público adulto que se desenvolverá ao longo do mes de marzo no Centro Sociocultural Mingos de Pita, sempre ás 19:00 horas.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A proposta inclúe catro montaxes de compañías galegas que achegan diferentes estilos e temáticas, desde o drama contemporáneo ata a comedia de corte social.


A programación abrirase o domingo 8 de marzo coa obra María Visitación, Consolación, Amadora, da compañía Loia Produccións.A seguinte cita será o 15 de marzo con Go Home, de Etiqueta Negra, unha peza protagonizada por David Amor e Josito Porto, con dramaturxia de José Prieto e dirección de Tito Asorey.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O 22 de marzo subirase ao escenario Alta Costura, da compañía Elefante Elegante, unha proposta que mestura teatro físico e narración contemporánea. O ciclo pecharase o 29 de marzo con O Proceso, de Malasombra Produccións, unha montaxe que achega ao público unha ollada crítica e irónica sobre a xustiza e a sociedade.


Con esta programación, o Concello de Melide consolida o seu compromiso coa oferta cultural estable e de calidade, achegando ao público adulto propostas variadas e de recoñecido prestixio dentro do panorama teatral galego.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page