Melide anima a desfrutar este venres dunha exhibición de globo aerostático
- Laura Moure

- hace 1 día
- 2 min de lectura
O aparello estará no miradoiro do Castelo, pero a organización recomenda velo desde calquera punto da vila, xa que se poderá divisar desde varios quilómetros de distancia
Laura Moure/Melide
Melide acollerá este venres, 14 de agosto, unha exhibición dun globo aerostático, organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Melide. A actividade coincidirá co inicio das festas de San Roque e desenvolverase unha vez empece a anoitecer.

A exhibición consistirá nun voo ‘cautivo’, no que o globo permanecerá suxeito mediante cordas e realizará ascensos e descensos sobre o mesmo punto, sen desprazarse. As persoas que o desexen poderán contemplar esta experiencia desde calquera punto da vila de Melide, tamén desde o miradoiro do Castelo, onde vai estar o aparello, respectando un perímetro de 50 metros.
PUBLICIDADE
As dimensións do globo e a situación elevada do miradoiro farán que se poida observar desde calquera punto da vila, polo que a organización anima a divisalo sen a necesidade
de achegarse ao miradoiro. Unha vez iluminado, o globo, duns 20 metros de altura e cun
diámetro similar, ofrecerá unha imaxe semellante á dunha gran lámpada suspendida no
aire e, pola súa localización, poderá chegar a verse desde varios quilómetros de distancia.
PUBLICIDADE
A exhibición de Melide forma parte dunha serie de accións que se desenvolveran en diferentes concellos da comarca e que servirán como paso previo para estudar as
posibilidades da zona de cara á celebración, no mes de setembro, dun evento de maior
dimensión coa participación de varios globos aerostáticos.
PUBLICIDADE
A celebración da exhibición estará condicionada polas condicións meteorolóxicas e
técnicas necesarias para garantir a seguridade da actividade.









Comentarios