top of page

Melide acolle o 28 unha actuación solidaria a favor do proxecto Música para Salvar Vidas

A recadación destinarase a unha iniciativa que leva máis de dúas décadas acompañando a nenos e mozos en Uganda mediante a música, a educación e as artes como ferramentas de desenvolvemento persoal e social


Laura Moure/Melide

O vindeiro sábado 28 ás 19:00 horas, Melide acollerá unha actuación solidaria a favor do proxecto Música para Salvar Vidas no Centro Sociocultural Mingos de Pita. O evento combinará danza contemporánea, teatro corporal e percusión nun espectáculo pensado para sensibilizar e colaborar cunha iniciativa educativa e social en Uganda.


Sobre o escenario participarán AF Ndanza e Ugandan Sticks, dous proxectos artísticos cunha forte carga expresiva e compromiso social. AF Ndanza presentará unha proposta baseada na transmisión de emocións a través do movemento e na reivindicación da igualdade, mentres que Ugandan Sticks achegará ritmo, enerxía e alegría cunha posta en escena dinámica e participativa.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A recadación destinarase ao proxecto Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que leva máis de dúas décadas acompañando a nenos e mozos en Uganda mediante a música, a educación e as artes como ferramentas de desenvolvemento persoal e social.


As entradas teñen un prezo de 12 euros (6 euros para menores de 12 anos) e poden adquirirse anticipadamente na plataforma giglon.com ou na billeteira antes do espectáculo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Melide e súmase ás accións solidarias que se desenvolven no municipio para apoiar proxectos de cooperación internacional a través da cultura.

Máis información deste proxecto no enlace: https://musicaparasalvarvidas.org/



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page