Melide acolle mañá, 18 de agosto, o XVIII Campionato de Tirapedras da Galiza Central
- Laura Moure

- hace 6 horas
- 1 min de lectura
Laura Moure/Melide
A Praza das Coles de Melide converterase este martes, 18 de agosto, no escenario do XVIII Campionato de Tirapedras da Galiza Central, unha cita que reunirá afeccionados a esta práctica tradicional a partir das 11:30 horas.

A participación é de balde e as persoas interesadas en competir poderán formalizar a súa inscrición na Librería Parrado de Melide ou a través do correo electrónico agxpt@agxpt.gal.
PUBLICIDADE
A xornada ofrecerá tamén a posibilidade de achegarse á historia e á tradición dos tirapedras a través dunha exposición da colección de Fernando Álvarez, instalada na Praza das Coles. Ademais, aquelas persoas que conten con tirapedras propios e queiran mostralos durante o evento poderán facelo, sempre que contacten previamente coa organización.
PUBLICIDADE
Desde a organización lembran que non se permitirán tirapedras profesionais, mantendo así o carácter tradicional e popular dunha actividade que ano tras ano continúa reunindo participantes e curiosos en Melide.
PUBLICIDADE
O campionato está organizado pola Asociación Galega de Xogos e Deportes Tradicionais (AGXPT) e conta coa colaboración de diferentes entidades.









Comentarios