top of page

Melide acolle hoxe un roteiro literario guiado para dar a coñecer o legado dos escritores e escritoras da vila

A proposta dá continuidade á iniciativa posta en marcha con motivo das Letras Galegas 2026

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, a través da Concellería de Cultura, que dirixe Ana Mosteiro, e coa colaboración do Museo da Terra de Melide, organiza este sábado un roteiro guiado co que achegarse ao legado dos escritores e escritoras que naceron ou viviron en Melide a través das placas conmemorativa situadas nas casas nas que residiron.

O percorrido, ao que pode sumarse quen o desexe, dará comezo ás 19:00 horas desde a Rambla de San Pablo, 42 e estará guiado por Cristina Vázquez e Xurxo Broz, do Museo

Terra de Melide, e contará coas intervencións dos familiares das persoas homenaxeadas

e da escritora Inma López Silva.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Esta iniciativa dá continuidade á iniciativa posta en marcha con motivo das Letras Galegas 2026, cando o Concello de Melide homenaxeou estas figuras coa colocación de placas conmemorativas para preservar a súa memoria e poñer en valor o seu legado literario e cultural.


A proposta busca converter estes inmobles en espazos de memoria para que o legado literario e cultural que deixaron non sexa esquecido co paso do tempo e para que as

novas xeracións coñezan e valoricen a historia literaria e cultural de Melide.


As doce placas homenaxean a doce escritores e unha escritora relacionados coa creación

literaria, a investigación histórica, o ensino e a difusión da cultura popular melidense.

As placas colocadas son as seguintes:

- Eduardo Álvarez Carballido, médico-cirurxián e historiador de Melide, na Rúa do

Progreso, 9.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

- Emilio Pereiro Quiroga, autor de poemas e contos en prosa; e Juana Teresa Juega

López, poetisa e narradora, na Rúa do Progreso, 39.

- Antonio L. Taboada Roca, farmacéutico e historiador de Melide, na Rúa do Progreso, 6.

- Manuel Taboada Roca, Conde de Borraxeiros, maxistrado e académico, na Rúa do

Progreso, 6.

- Amador Rodríguez Martínez, presbítero, galeguista e investigador do folclore e da

tradición oral da Terra de Melide. Coautor, xunto a Vicente Risco, do capítulo 6 do Terra

de Melide (Seminario de Estudos Galegos, 1933), na rúa do Convento, 7.

- Nilo Cea Rodríguez, mestre, narrador, poeta e debuxante, na Ronda da Coruña, 10.

- Rafael Taboada Vázquez, sacerdote, museólogo e escritor, na rúa San Antonio, 4.

- Jesús Mosteiro Raído, mestre e escritor, na Rambla de San Pablo, 42.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

- Xosé Manuel Rodríguez Pampín, crego, teólogo, docente e escritor, na Ronda da

Coruña, 34.

- Antonio Hermida Rodríguez, avogado, historiador e investigador, na Rúa do Progreso,

15.

- Carlos Parrado Garea, investigador e activista cultural, na Rúa Mateo Segade Bugueiro,

33.

- Xosé Domingos Cidre Bastián Fuciños Gómez, “Mingos de Pita”, activista cultural e

investigador, na Praza do Convento, 2.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page