top of page

Melide acolle este venres e sábado a XI edición do Festival Motorock Milli Riders

O evento está organizado polo Motoclub Melide Milli Riders, asociación sen ánimo de lucro, e conta coa colaboración do Concello


Laura Moure/Melide

O alcalde de Melide, José Manuel Penas, e a concelleira de Deportes, Ana Mosteiro, participaron na presentación da XI edición do Festival Motorock Milli Riders, que se celebrará este venres 26 e sábado 27 de xuño no parque Rosalía de Castro.

O evento está organizado polo Motoclub Melide Milli Riders, asociación sen ánimo de

lucro, e conta coa colaboración do Concello de Melide. Trátase dunha cita xa consolidada

que reunirá afeccionados ao motociclismo, así como veciños e visitantes chegados de

distintos puntos de Galicia, Barcelona e Portugal. Desde a organización destacan a boa

resposta que adoita rexistrar o festival, cunha asistencia que sempre supera amplamente

o medio milleiro de persoas e que, nas edicións acompañadas polo bo tempo, chega a

incrementarse de maneira notable.


A programación dará comezo o venres coa actuación de DJ Maikstyle e unha sesión de

petiscos para os asistentes.


Xa o sábado desenvolverase a xornada principal, que incluirá a tradicional ruta libre con

saída ás once da mañá desde o parque Rosalía de Castro. O percorrido pasará por Vila

de Cruces, Portodemouros ata Arzúa, e durante o traxecto realizarase unha parada para

degustar unha lambiscada antes do regreso a Melide, previsto arredor das dúas do mediodía. Desde a organización destacan que nesta ruta pode participar calquera persoa

que o desexe, sen necesidade de estar inscrita.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ao remate da ruta celebrarase un xantar, co polbo como protagonista, no parque Rosalía

de Castro. Por cuestións de aforo, esta actividade está limitada a entre 200 e 250 persoas. A inscrición completa ten un prezo de 50 euros, mentres que a modalidade media custa 35 euros. As persoas interesadas poden formalizar a súa participación no teléfono 681 254 860. A reserva poderá realizarse incluso o propio día do evento, sempre que queden prazas dispoñibles, aínda que a organización sinala que xa quedan moi poucas vacantes.


A programación da tarde do sábado incluirá actividades como xogos moteiros e outras

propostas pensadas para compartir horas de lecer. Durante toda a xornada tamén haberá animación musical con DJ.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A noite estará marcada pola celebración dunha paellada e dunha nova sesión musical,

culminando coa actuación do grupo Calle del Ruido nunha auténtica noite de rock.


Desde o Concello animan á veciñanza e aos afeccionados ás dúas rodas a participar nun

evento que volverá converter Melide nun referente do ambiente moteiro durante este fin

de semana.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page