top of page

Melide abre o prazo de inscrición dos Campamentos de Verán 2021

Está dirixido a nenos de entre catro e 12 anos e hai un total de 80 prazas


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide presentou este luns os Campamentos de Verán 2021, dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os catro e 12 anos. Os campamentos, que contan con 80 prazas, darán comezo o vindeiro 5 de xullo e terán lugar ata o día 13 de agosto, ámbolos dous días incluídos, en horario de 8:30 a 14:00 horas.

A concelleira de Cultura de Melide.

O prazo de inscrición comezou na mañá deste luns e estenderase ata o vindeiro 30 de xullo, realizándose a entrega da documentación en dependencias municipais ou ben a través da sede electrónica do Concello de Melide. No momento da inscrición as familias poderán seleccionar as semanas nas que o neno ou nena vai participar nos campamentos e no caso de querer darse de baixa nalgunha das semanas inscritas terase que solicitar a modificación antes do mércores previo á semana en cuestión.


O prezo

O prezo público será de 16 euros semanais por neno ou nena, coa posibilidade dunha bonificación do 50% coa inscrición dun segundo irmán e sucesivos. A ordenanza tamén contempla unha bonificación do 100% cando o total dos ingresos da unidade familiar non superen o importe correspondiente da Risga.


En palabras da concelleira de Cultura, Mayka Basalo, “os campamentos deste verán serán máis inclusivos e permitiran contribuír a facilitar a conciliación familiar e laboral”. Levaranse a cabo baixo un estrito protocolo contra a Covid-19, con obrigatoriedade do uso de máscara en maiores de seis anos, control de temperatura e grupos reducidos, tal como establece a normativa vixente.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page