top of page

A subdelegada do Goberno María Rivas supervisa o inicio das obras na N-547 en Melide

Os traballos no tramo de Arzúa que se iniciaron hai unhas semanas xa acabaron


Laura Moure/Melide

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, trasladouse esta semana a Melide para supervisar as obras de conservación e mantemento que o Goberno está a executar na N-547 no tramo Arzúa-Melide e que comezaron o mércores neste último municipio. Esta actuación  conta cun orzamento de 493.179 euros.


María Rivas subliñou ademais o esforzo investidor que está a realizar o Goberno de España na conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado na provincia con máis de 75 millóns de euros desde 2018 .A subdelegada do Goberno lembrou tamén que  “estas obras eran unha antiga demanda destes dous municipios veciños xa que se trata dunha estrada que soporta unha media de 8.000 vehículos ao”día .


A subdelegada manifestou que unha vez máis “se materializa o compromiso deste Goberno en recuperar o tempo e os investimentos perdidos en infraestruturas da provincia”.

Ademais como xa manifestou hai unhas semanas en Arzúa, María Rivas lembrou que  “esta actuación era unha débeda histórica con estes dous municipios e que coas obras que hoxe se inician por fin quedará saldada”.


A-54

A subdelegada do Goberno na Coruña, aproveitou a súa visita a Melide para lembrar o impulso que o Goberno está a dar á Autovía A-54 que se atopa xa na “súa recta final” e  que conectará Lugo e Santiago en 50 minutos de percorrido. María Rivas subliñou que grazas a esta autovía  incrementarase de maneira importante a seguridade viaria, tanto rodada como peonil da N-547, onde actualmente hai un importante tránsito de peregrinos.

As obras de rehabilitación que comezaron esta semana en Melide son os tramos comprendidos  entre os quilómetros 47,400 e o 49,480. Os tramos entre o quilómetro 62,240 e o 64,300 correspondentes á travesía de Arzúa e que se iniciaron unhas semanas atrás finalizaron xa.


A subdelegada, que estivo acompañada polo alcalde de Melide, José Manuel Pérez Penas e polo tenente de alcalde, José Prado, destacou que estes traballos permitirán incrementar a seguridade viaria  desta travesía.


Características técnicas

No que incumbe á parte técnica das obras, estas contemplan dous tipos de actuacións en función do grao de deterioración actual do firme en cada unha das travesías.

Por unha banda, unha actuación superficial, que inclúe o fresado e reposición da capa de rodaxe das zonas sen fallos estruturais do firme e unha rehabilitación estrutural completa da sección de firme, naquelas zonas que presenten peor estado de conservación, onde se fresará o pavimento.


Finalmente, completarase a actuación coa reposición de toda a sinalización horizontal afectada os traballos de rehabilitación.

Esta actuación constitúe un impulso significativo para mellorar a calidade de servizo da infraestrutura viaria estatal existente.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page