top of page

Medio Rural pon en valor a central agropecuaria de Galicia en Silleda "como referente nacional do sector"

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A conselleira María José Gómez asistiu á 2ª poxa de gando celebrada aquí e salientou que este é un dos oito mercados de gando de España, dos cales tres son galegos


Laura Moure/Silleda

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo este martes en valor a Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda como referente na comercialización do gando dentro da nosa comunidade e mesmo a nivel nacional. A conselleira, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que o de Silleda é un dos oito mercados de gando que existen en España, dos cales tres están en Galicia (os outros dous son os de Amio, en Santiago de Compostela, e Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei).


Nesta liña, Gómez puxo de relevo que a Central, xestionada pola Fundación Semana Verde, destaca tamén por levar a cabo a única poxa de gando bovino informatizada do

país. Trátase, explicou, dun sistema de poxa pública con xestión informática, o que exclúe a presenza de intermediarios e facilita o proceso de compra.

Por iso, a conselleira engadiu que para Galicia “é toda unha honra poder contar con instalacións destas características, pioneiras en innovación e que nos achegan cifras que

poñen de relevo a boa situación da que está a gozar o sector.” Así, lembrou que no ano

2024 houbo unha asistencia ao mercado de 53.732 animais, que supoñen un volume de

transacción de máis de 39 millóns de euros. Ademais, a asistencia aumentou un 6,1% con

respecto ao exercicio anterior, acadando a mellor cifra dende o ano 2009.


Liderado de Galicia

Neste contexto, a titular de Medio Rural sinalou que Galicia ocupa unha posición de liderado no sector agrogandeiro, “froito do traballo e a profesionalidade dos nosos agricultores e gandeiros, co apoio da Xunta”. Un apoio que concretou con medidas como

as axudas da convocatoria de 2024 das achegas para plans de mellora de explotacións e para fomentar a remuda xeracional no agro, apoiando a incorporación de novos agricultores, cunha inxección de arredor de 45,9 millóns de euros.


Grazas a estes fondos, indicou a conselleira, propiciarase a mellora de 370 explotacións e apoiarase a incorporación de 320 mozos (menores de 40 anos) e de 133 novos agricultores (de 41 a 55 anos). Trátase pois, duns 800 expedientes en total. Nesta liña,

Gómez trasladou que tamén se xestionan e axilizan as axudas da PAC e que, de feito,

Galicia está a liderar os pagos das achegas directas co 83% do total aboado fronte ao 56% da media estatal.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En parecidos termos, a conselleira subliñou o Plan para fomentar a remuda xeracional,

que se sustentará na formación, a incorporación e a sensibilización para afianzar o futuro

do rural galego e que, entre outras medias, contempla o Banco de explotacións, para

propiciar o contacto entre titulares de explotacións que cesan ou van cesar a súa

actividade e as persoas interesadas en asumir a súa xestión, mediante compra ou

arrendamento.


Do mesmo xeito, a conselleira recordou que a Xunta apoia á distribución e á industria propiamente vinculada ao sector primario e, con respecto a esta última, desde 2016 o

Goberno galego xestionou axudas para a transformación e comercialización de produtos

agrarios cun orzamento conxunto de máis de 195 millóns de euros. Estas achegas

subvencionaron investimentos por un importe total de máis de 628 millóns e permitiron o

desenvolvemento de máis de 550 proxectos tractores para a nosa comunidade.

0 comentarios

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page