Medio Rural organiza hoxe en Arzúa un curso sobre como reducir os fitosanitarios no millo forraxeiro
- ecosdacomarca
- hace 13 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
A Consellería do Medio Rural organizará hoxe, xoves, en Arzúa unha xornada centrada na demostración de maquinaria específica para reducir ou evitar o emprego de fitosanitarios no cultivo do millo, aínda que pode ser extrapolable a outro tipo de cultivos. Esta acción está en liña coa Política Agraria Común, que leva anos establecendo unha produción sostible e respectuosa co medio ambiente.

No evento analizaranse os factores que se deben ter en conta durante o emprego da maquinaria para un bo control das herbas non desexables. O estado do terreo, a regulación da maquinaria en función dese estado e a velocidade de traballo son factores clave para un bo control da vexetación. Ademais, farase fincapé na importancia de realizar
os traballos no momento en que a herba se está implantando.
Publicidade
O programa inclúe unha exposición sobre os ensaios realizados, a presentación dos
equipos empregados e tres demostracións en campo coa aixada rotativa arrastrada, a
binadora e a gradilla de púas. A actividade pecharase cunha posta en común das
impresións das persoas participantes.
A actividade está dirixida a persoas que traballan nos sectores produtivos vinculados coa
agricultura, gandaría, industria agroalimentaria ou coa cadea forestal-madeira, así como a
quen teña expectativa de incorporarse a estes ámbitos, especialmente mozos e mozas do
medio rural galego.
Publicidade
A xornada formativa está promovida polo Departamento de Investigación e Transferencia
da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, organismo adscrito á Consellería do Medio
Rural.
Comments