top of page

Medio Rural lembra a importancia de xestionar a biomasa nas faixas secundarias antes do 31 de maio

Laura Moure/Xeral

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, presidiu este venres unha nova comisión de seguimento do convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Neste sentido, cómpre incidir na importancia da colaboración cidadá e que os propietarios realicen as tarefas de limpeza antes do 31 de maio, tal e como se establece na normativa. A partir desa data, comezaranse as inspeccións, nas que se colabora cos concellos adheridos a través do convenio.

Actualmente, 298 concellos xa solicitaron a súa incorporación ao acordo de colaboración entre a Consellería e Seaga, polo que máis do 95 % dos municipios galegos realizaron este trámite e superan os que estaban adheridos ao anterior acordo. De feito, a reunión de hoxe centrouse en avaliar as últimas solicitudes de adhesión recibidas e outras vinculadas ao desenvolvemento do convenio, así como tamén na análise e planificación das actuacións ao seu abeiro.


Cómpre lembrar que desde a Consellería se estableceu como prazo idóneo para a adhesión o 21 de marzo, e antes do 31 de marzo para que os concellos enviaran a planificación e solicitar actuacións ao abeiro do convenio, pero tan só o 30 % o fixeron, principalmente para a xestión da biomasa en vías de titularidade municipal.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

En canto á reunión deste venres, esta centrouse en avaliar as últimas solicitudes de adhesión recibidas e outras vinculadas ao desenvolvemento do convenio, así como tamén na análise e planificación das actuacións ao seu abeiro.


Maior orzamento e outras novidades

O principal obxectivo desta iniciativa do Goberno galego, posta en marcha xa desde 2018, é apoiar os propietarios e os concellos no cumprimento das súas obrigas en relación coa prevención e defensa fronte o lume nas faixas próximas ás vivendas, é dicir, naquelas de 50 metros que rodean os núcleos de poboación. O actual acordo, con vixencia ata 2029 e un orzamento anual de 25 millóns de euros -o dobre que no anterior-, asinouse o pasado mes de decembro.


Ademais, o novo convenio inclúe outras novidades como un reforzo ao apoio que se presta aos concellos, en especial a aqueles de menos de 10.000 habitantes, así como aos particulares. Ademais, promóvese a realización, de xeito áxil, das execucións subsidiarias en zonas de risco de incendio nas que os titulares non cumpran coas súas obrigas legais.

Na mesma liña, incrementouse o número de parroquias priorizadas, que pasan de 157 a 276, nas que os particulares teñen a opción de contratar a Seaga directamente para realizar as rozas preventivas por un importe de 420 euros por hectárea.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A maiores, cómpre lembrar que se continúa a ofrecer a posibilidade de que esta empresa pública realice execucións subsidiarias en ata 10 hectáreas por concello e ano -fóra desas parroquias catalogadas como priorizadas- e a limpeza de 12 quilómetros de vías municipais. Tamén se está ampliando o subministro de especies que axuden a construír unha franxa natural de protección dos núcleos urbanos e fagan innecesarias sucesivas limpas desas parcelas.


Así mesmo, a través de Seaga os concellos adheridos terán á súa disposición axuda para a revisión ou modificación do plan municipal de prevención; e tamén apoio para realizar as inspeccións e notificacións aos titulares das fincas.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page