Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Medio Rural avanza nas parcelarias de Gonzar, O Pino, e na de Brandariz de Vila de Cruces

Laura Moure/Cruces/O Pino

A Consellería do Medio Rural vén de publicar na plataforma de contratación da Xunta de Galicia o anuncio de licitación da contratación de 10 lotes de servizos técnicos en diversos procesos de reestruturación parcelaria, por un importe total de 1,4 millóns de euros, entre eles algunha das municipios do Pino e Vila de Cruces.


Estes contratos permitirán comezar cos traballos nas cinco novas parcelarias decretadas no que levamos de ano e localizadas nos concellos de Ordes (San Xulián de Poulo), Outeiro de Rei (as de Arcos-Sobrada de Aguiar-San Lourenzo de Aguiar e a de San Fiz de Paz), Castro de Rei (Viladonga) e Friol (Seoane da Pregación). Ademais, seguirase avanzando noutros tantos procesos dos municipios do Pino (Gonzar II), de Meis (Nogueira), Vila de Cruces (Brandariz-Obra-Sector Brandariz) e de Barro (Perdecanai-Barro e Agudelo-Barro-Valiñas).


Ditos traballos incluirán, dependendo das necesidades para o avance de cada unha das zonas de reestruturación, labores como a preparación de planos parcelarios, a implantación de predios de substitución ou a inmatriculación rexistral. Tamén poden incluir a elaboración do estudo de impacto ambiental, do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria ou do plan de obras. Todos estes traballos son necesarios para o desenvolvemento das distintas fases do proceso de reestruturación parcelaria (bases, acordo de reestruturación parcelaria ou acta de reorganización da propiedade).


Estes traballos consisten na prestación de servizos técnicos de colaboración regulados na Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga) e están cofinanciados con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

48 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE