top of page

Mañá arrancan as obras da Avenida do Parque, que obrigarán ao peche temporal da rúa Santa Eulalia

É unha das intervencións máis destacadas do proxecto de transformación urbana de Silleda


Laura Moure/Silleda

Mañá, luns,está previsto o comezo as obras de mellora da mobilidade peonil na Avenida do Parque, unha das intervencións máis destacadas do proxecto de transformación urbana de Silleda, financiada con case 600.000 euros a través do Plan Provincial Extraordinario da Deputación de Pontevedra e o programa Hurbe da Xunta de Galicia. Os traballos iniciaranse polo tramo da rúa Santa Eulalia, que permanecerá pechada ao tráfico rodado durante as primeiras semanas de execución.


Durante este tempo, o tráfico cara á rúa María Colmeiro quedará desviado pola rúa Pontevedra. Así mesmo, dende o Concello xa se comunicaron as restricións de circulación aos presidentes/as das comunidades de veciños da zona e ao CPR María Inmaculada, centro educativo situado nas inmediacións da obra. Tamén se colocaron na zona bandos informativos sobre a actuación.

ree

As persoas residentes na rúa Santa Olaia poderán seguir accedendo aos seus garaxes a través da rúa María Colmeiro. Do mesmo xeito, quen viva nos edificios situados na zona posterior da igrexa terá acceso garantido dende a avenida do Parque, na área destinada ao servizo de taxis. Ademais, habilitarase un paso peonil que conectará a rúa Santa Olaia coa avenida do Parque polo espazo situado detrás da igrexa.


A alcaldesa e responsable municipal de Xestión Urbana, Paula Fernández Pena, explicou que “estes primeiros traballos se concentrarán no tramo de Santa Eulalia, precisamente para non interferir nos eventos previstos do Nadal, como a carreira de San Silvestre ou a cabalgata de Reis”.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A actuación forma parte do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na Avenida do Parque e entorno da Igrexa”, que suporá unha profunda renovación urbana deste espazo, incluíndo a creación de novas zonas verdes e peonís, o soterramento do cableado, melloras na iluminación pública e a revalorización da contorna da Igrexa de Silleda. Na zona de Santa Eulalia humanizarase o tramo dotandoo dunha estructura a modo de auditorio ao aire libre.


A intervención, cun orzamento global de 747.122,98 euros —dos que 597.698,38 euros son achegados pola Deputación de Pontevedra e o resto con fondos conseguidos a través do plan Hurbe da Xunta— forma parte do “cinturón verde de Silleda”, o proxecto estratéxico co que o goberno local aposta por un modelo de mobilidade amable, sostible e segura, que se vén desenvolvendo en distintas zonas do casco urbano.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

“Estamos ante unha obra clave para o futuro de Silleda, que mellorará a accesibilidade e a calidade de vida da veciñanza, convertendo esta avenida nun espazo máis moderno, verde e pensado para as persoas”, subliñou Fernández Pena.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page