top of page

María Rodríguez, Conchita Vázquez e Neri Sanmartín gañan o concurso de repostería no Corpiño

28 nov 2022
1 min de lectura

Este certame no cal compitiron un total de nove sobremesas estivo organizado polo silledense José García


Laura Moure/Silleda

Este sábado celebrouse no restaurante Casa San Martín do Corpiño (Lalín) un concurso de repostería organizado polo silledense José García o cal o tilda de "éxito, tanto en variedade como en calidade". Foron en total nove participantes que presentaron cada un postre. María Rodríguez, Conchita Vázquez e Neri Sanmartín coparon o podio con galletas de noces, bizcocho e tarta de limón con galletas , respectivamente.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Houbo un grao ambiente no Corpiño. Moitas grazas o equipo do Restaurante Casa San Martín do Corpiño por todo porque isto sen vós non sería posible; a Álex Iglesias do Restaurante Cabana por colaborar e a Aspadeza Asociación Discapacidad Intelectual por colaborar en este evento solidario. Con este concurso quedounos un bo sabor de boca así que atentos ás redes sociais porque se está cocer algo moi grande na nosa comarca para o ano 2023 no tema dos concursos", adianta García.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page