top of page

María Manuela Colmeiro de Silleda celebra 101 anos rodeada da súa familia

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa celebrando a lonxevidade das súas veciñas e veciños. Onte foi a quenda de María Manuela Colmeiro Colmeiro, que o vindeiro luns, 24 de agosto, cumprirá 101 anos. A alcaldesa, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Cultura, Mónica González, achegáronse este xoves ata o seu domicilio actual, na avenida do Parque, onde

Manuela reside xunto cunha das súas fillas, Marta, e a familia desta.

A homenaxeada estivo rodeada dos seus seres queridos nunha xornada especialmente emotiva, coa presenza dos seus catro fillos, Manuel, Consuelo, José e Marta.



 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

María Manuela naceu o 24 de agosto de 1925 en Andamollo, na parroquia de Manduas. Máis tarde trasladouse a Breixa, onde casou con Antonio Rey Otero e onde formaron a súa familia. Froito do matrimonio naceron os seus catro fillos.


Ao longo da súa vida, Manuela dedicouse fundamentalmente aos traballos do campo, nunha época marcada polo esforzo e polo traballo diario no rural. Onte, con algunhas limitacións de mobilidade propias da idade, segue gozando do agarimo e dos coidados da súa familia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A familia medrou tamén con catro netas, Ana, Laura, Leyla e Icía, que completan unha vida familiar á que Manuela estivo sempre moi ligada.


A alcaldesa, Paula Fernández, destacou durante a visita que “é unha enorme alegría poder compartir estes momentos con persoas que representan a memoria viva do noso municipio”. “Detrás destes 101 anos hai toda unha vida de traballo, de familia e de experiencias que forman tamén parte da historia de Silleda”, sinalou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Fernández quixo trasladarlle, en nome de toda a Corporación e da veciñanza, “os nosos parabéns e todo o noso agarimo”, facendo extensiva a felicitación á súa familia, “que hoxe tivo a sorte de poder reunirse arredor dela para celebrar unha cifra tan especial”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page