María del Carmen Rey Ramos, veciña de Piñeiro, entra no club de persoas centenarias de Silleda
- Laura Moure

- hace 16 minutos
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
María del Carmen Rey Ramos, máis coñecida como Maruja de Piñeiro, celebrou o domingo o seu 100 aniversario, sumándose ao club de persoas centenarias de Silleda. A veciña de Piñeiro alcanzou esta fermosa idade na Casa con Encanto de Merza, rodeada do cariño da súa familia nun día cheo de emocións.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, sumáronse á celebración familiar para entregarlle un pequeno agasallo en nome de todos os silledenses. “É unha honra poder felicitar a Maruja e compartir con ela este día tan especial; é un exemplo de vitalidade e amor pola vida para toda Silleda”, subliñou a rexedora.
Maruja viviu toda a súa vida en Piñeiro, onde se casou e traballou arreo, tanto na explotación gandeira familiar como realizando labores de modista ao longo dos anos. Viúva desde hai tempo, mantén unha independencia admirable: segue vivindo soa na súa casa, conservando os seus costumes e a súa rutina, mentres a familia a acompaña e atende de maneira puntual sempre que o precisa.
Publicidade
O Concello de Silleda quere felicitar con todo o agarimo a Maruja de Piñeiro, símbolo dunha xeración traballadora, xenerosa e chea de vida, e desexarlle moitos máis anos de saúde e felicidade.






Comentarios