top of page

Mariña López súmase a Amigos da Empanada para fortalecer a súa estratexia dixital

8 feb 2022
2 min de lectura

A directiva desta asociación silledense, que xa celebrou súa primeira reunión presencial, alcanza os 24 membros e contará cun departamento de comunicación específico


Laura Moure/Silleda

Mariña López Rodríguez, moza da Bandeira e estudante do Ciclo Superior de Márketing e Publicidade na EFA Piñeiral, é a nova incorporación da directiva da Asociación Amigos da Empanada de Bandeira. Con esta nova fichaxe o equipo queda conformado por un total de 24 mozos e mozas, sendo a última incorporación a integrante máis moza da plantilla con tan só 18 anos. O obxectivo desta nova adhesión é crear un departamento de comunicación específico que lidere a estratexia dixital da entidade.


Andrés Seoane, que acompañará a Mariña López no novo departamento, quixo destacar o compromiso de todos os participantes da actual directiva e agradecer a Mariña que aceptara sumarse ao proxecto: “Non somos só un equipo de traballo, somos unha auténtica familia que está a dar o máximo para que Bandeira e a Festa da Empanada sexan coñecidas en todo o país pola súa calidade e diversidade”.

Mariña López e Andrés Seoane.

En consonancia con este obxectivo, Mariña López apuntou que “as redes sociais serán fundamentais para o éxito da Festa da Empanada e para que a xente poida colaborar e aportar as súas ideas, en definitiva, facer as festas con nós”. Unha colaboración que xa estamos a presenciar no Instagram (@amigosdaempanada) e Facebook (Asociación Amigos da Empanada) onde nos últimos días centos de seguidores enviaron de forma masiva as súas preferencias en canto a grupos e pregoeiros se refire. “Lemos todas as propostas e debatemos a súa viabilidade nas reunións”, confirma López, que anima a seguir participando baixo o lema A UNIÓN FAI A FESTA.

Por outra banda, Amigos da Empanada ven de estrear unha conta na rede social Tiktok (@amigosdaempanada) na que mostrarán aos seus seguidores e seguidoras como é a organización dunhas festas de forma humorística. Ademais, tras a primeira reunión presencial celebrada este sábado, a directiva anuncia novidades para este ano que se anunciarán nas próximas semanas a través dos medios de comunicacións comarcais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page