top of page

Manuel Garrido incorpórase á Policía Local de Silleda tras rematar a súa formación na AGASP

30 jun
1 min de lectura

O novo axente permanecerá en período de prácticas ata o mes de outubro


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de incorporar á plantilla da Policía Local ao novo axente Manuel Garrido Fernández, que xa presta servizo no municipio tras rematar a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública —AGASP—. Garrido tomara posesión do seu posto como funcionario en prácticas o pasado mes de decembro e despois de completar o período formativo na academia, o axente incorporouse onte ao servizo municipal, onde permanecerá en período de prácticas ata o mes de outubro, tal e como establece o

procedemento.

A praza foi adxudicada tras superar a correspondente convocatoria a través da AGASP, enmarcada no convenio entre o Concello de Silleda e o organismo autonómico. Esta incorporación forma parte da Oferta Pública de Emprego do Concello para do ano 2025.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A alcaldesa, Paula Fernández, que recibiu ao novo axente xunto co xefe da Policía Local, Antonio Gil, destacou que a chegada efectiva deste novo axente “supón un novo paso no reforzo da Policía Local e na mellora dos recursos municipais destinados á seguridade cidadá”. “Seguimos avanzando no obxectivo de contar cun servizo máis próximo, eficaz

e adaptado ás necesidades reais do noso municipio. A incorporación de Manuel Garrido á plantilla é unha boa noticia para Silleda e para o conxunto da veciñanza”, sinalou a rexedora.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Dende o goberno municipal incídese na importancia de continuar reforzando os servizos públicos municipais, especialmente aqueles vinculados á seguridade, á atención cidadá e á convivencia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page