Máis de 50 mulleres de Moaña visitan Arzúa para coñecer o municipio e intercambiar experiencias
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa acolleu este mércores a visita de máis de 50 mulleres procedentes de Moaña, nunha xornada organizada polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) deste municipio do Morrazo. A iniciativa, que combinou coñecemento institucional e posta en valor do territorio, tivo como obxectivo intercambiar experiencias arredor das políticas locais en materia de igualdade e feminismo.

A recepción institucional celebrouse na Casa das Mulleres e contou coa participación do alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, da concelleira de Igualdade, Lucía López, e do director do CIM de Arzúa, Adrián Gonçalves. Durante a benvida, presentáronse os principais programas e servizos impulsados desde a Concellería de Igualdade e o CIM, destacando o compromiso co feminismo municipal e a atención directa ás mulleres.
A comitiva, na que tamén estaban presentes a alcaldesa de Moaña Leticia Santos, a concelleira de Igualdade María Ortega Iñarra e a técnica do CIM Patricia Lores, tivo oportunidade de coñecer diferentes recursos do concello nun itinerario que incluíu visitas ao Enredo do Abelleiro, onde degustaron mel artesanal, e á Queixería Barral, con cata de queixos con Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.
Publicidade
“Agradecémoslle ao Concello de Moaña que escollera Arzúa como destino desta iniciativa. Agardamos que a visita resultara de interese e celebramos seguir tecendo lazos que nos axuden a reforzar e mellorar as políticas feministas municipais”, declarou Lucía López.
Publicidade
Desde o Concello de Arzúa reiteramos o noso compromiso con políticas públicas que poñan a vida no centro, recoñecendo os coidados, a igualdade e a colaboración entre concellos como eixos esenciais para avanzar cara a unha sociedade máis xusta.
Kommentare