top of page

Máis de 370 incidencias rexistradas no CIAE 112 Galicia relacionadas coa meteoroloxía adversa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

A meteoroloxía adversa que nos afecta nos últimos días deixou tras de si un balance de 374 incidencias rexistradas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, contabilizando os días de onte e hoxe.


A provincia da Coruña foi, unha vez máis, a máis afectada, con 194 incidencias rexistradas, que representan case a metade do total. En Lugo anotáronse 89 incidencias, mentres que Pontevedra sumou 81. Ourense, pola súa banda, foi a provincia menos impactada, con tan só 9 incidencias rexistradas.


A maior parte das incidencias estiveron relacionadas coa caída de árbores e pólas nas estradas, un fenómeno que xerou 123 intervencións por parte dos equipos de emerxencias. Tamén foron numerosos as intervencións dos equipos de emerxencias para evitar riscos, con 69 actuacións. Outras 44 incidencias foron provocadas por obxectos varios nas vías, mentres que os derrumbamentos deixaron un total de 19 intervencións. Ademais, rexistráronse 15 anegamentos en diferentes puntos da comunidade.


Os municipios máis afectados tamén reflicten a distribución provincial deste temporal. Na Coruña, concellos como Ferrol, Narón e Santiago de Compostela destacaron, con 12, 11 e 10 incidencias respectivamente. Na provincia de Pontevedra, Vigo lidera con 15 incidencias, seguida da Estrada, onde se contabilizaron 11. En Lugo, o concello de Foz rexistrou 12 incidencias, mentres que no concello de Lugo se anotaron 8 casos.

Ademais das incidencias menores, o temporal influíu no número de accidentes rexistrados. Nas últimas horas, un dos sucesos máis destacados tivo lugar en Lousame, ás 21:40 horas, cando un vehículo sufriu unha saída de vía na DP-4202, á altura do quilómetro 1. Segundo se informou, o condutor trataba de esquivar unha árbore caída. Como resultado, o coche acabou na cuneta e unha persoa tivo que ser trasladada ao Punto de Atención Continuada (PAC). Para este incidente foi necesaria a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Boiro, GES de Noia, Garda Civil e Protección Civil.


Pouco despois, ás 21:50 horas, na Rúa Luis López Casanegra, en Elviña (A Coruña), un motorista resultou ferido ao pasar por riba dunha alcantarilla sen tapa. O impacto provocoulle unha lesión nunha perna e requiriu asistencia sanitaria. Para atender este suceso mobilizáronse os servizos so persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Outro episodio destacable rexistrouse en Lugo, no lugar de Seoane, parroquia de San Xoán de Pena, ás 22:00 horas. Un pino de grandes dimensións caeu sobre un establo, ferindo varios animais. Afortunadamente, ningunha persoa resultou afectada. Neste caso, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Lugo e da Policía Local para asegurar a zona e avaliar os danos.


"Desde o 112 Galicia, reiteramos a importancia de extremar as precaucións mentres continúen as condicións meteorolóxicas adversas. Instamos á cidadanía a estar alerta, a seguir as recomendacións de seguridade e a informar de calquera incidencia a través do número de emerxencias 1-1-2".


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page