top of page

López anuncia o reparto dos 250.000 € de axudas ás cooperativas agrogandeiras entre 14 entidades de oito concellos da provincia

De Deza figuran de Lalín e Rodeiro


Laura Moure/Deza

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de anunciar en conferencia de prensa que a Xunta de Goberno aprobou o reparto dos 250.000 euros de axudas para cooperativas agrogandeiras. “Para este goberno provincial –asegurou Luis López– o sector primario é fundamental polo importante peso que ten na economía da provincia, pola súa estreita relación coa saúde e a mellora da calidade de vida das persoas e por ser un factor indispensable para facer fronte ao reto demográfico”.


En total, tal e como explicou o presidente, serán 14 entidades de Cambados, Forcarei, Lalín, Meaño, Moaña, Pontevedra, Rodeiro e O Rosal as que recibirán ata un máximo de 29.000 euros para afrontar diversos investimentos. Deste xeito, a través destas axudas provinciais poderán desde adquirir nova maquinaria como envasadoras, liñas automáticas de pesaxe e etiquetaxe, sementadoras, distribuidoras de herba ou máquinas forestais, ata mercar furgonetas e tractores, equipamentos informáticos e mobles ou, entre outras iniciativas, afrontar gastos de asesoramento e mellorar procesos ou servizos prestados.

ree

De Lalín recibirán axudas provinciais seis cooperativas: Aprodeza (21.400 euros), Campodeza (27.200 euros), Cooperativa Gandeira de Botos (16.300 euros), Gandeiros do Deza (23.300 euros), Valle del Deza (5.800 euros) e Xuncoga (13.600 euros). Nestas, as axudas provinciais servirán para adquirir maquinaria agroforestal, equipamentos informáticos e mellorar a eficiencia lumínica.  


Pola súa banda, de Meaño serán dúas as cooperativas que se beneficiarán dos recursos provinciais:  A Milpa do Salnés e Cooperativa Vitivinícola Arousana, que recibirán 9.500 e 29.000 euros respectivamente para recibir asesoramento para estudar as características organolépticas das fariñas de millo galego e para adquirir dous tractores para labores vitivinícolos.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, Horsal, de Cambados, beneficiarase de 29.000 euros destas axudas provinciais para adquirir unha envasadora e unha liña automática de pesaxe e etiquetaxe; a Cooperativa Agrícola de Forcarei recibirá 27.000 euros para comprar unha sementadora, un distribuidor de herba e equipamento informático; A Meixoeira, de Moaña 1.500 euros para mercar mobiliario, equipamento informático e mellorar os procesos na súa queixería; Cobideza, de Pontevedra, beneficiarase de 29.000 euros para adquirir equipamento informático e realizar melloras na queixería e nos servizos aos socios; O Rodo, de Rodeiro, recibirá 21.000 euros para adquirir equipamento informático e maquinaria agrícola, e Porta Río Miño, do Rosal, 7.000 euros para comprar unha furgoneta e diverso equipamento informático de oficina.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page