Láctea Kalekói de Lalín súmanse ás 30 firmas adheridas ao selo de calidade de artesanía alimentaria
Garante que as producións teñen unha elaboración tradicional e unha presentación coidada, acorde coa súa condición de artigos que queren situarse entre os da gama gourmet
Laura Moure/Lalín
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, confirmou hoxe a adhesión da empresa láctea Kalekói ao selo de calidade Artesanía Alimentaria, ao facerlle entrega aos seus responsables, Álex Moure e Susana Aguiar, das licenzas de uso da marca e das cartas de artesáns. Así, esta firma lalinense súmase á trintena de empresas e ás arredor de 50 persoas artesás rexistradas neste distintivo de calidade promovido para diferenciar as producións do agro e do mar que se elaboran de xeito tradicional, así como para protexer os seus produtores.

O director destacou que os produtos lácteos da firma lalinense Kalekói poderán diferenciarse agora no mercado co selo de Artesanía Alimentaria. Este distintivo garantirá que a obtención das producións se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha
serie de requisitos relativos ás materias primas e aos procesos de elaboración autorizados,
ao seu modo de presentación e a como deben ser a rastrexabilidade e o control.
Na súa intervención, José Luis Cabarcos lembrou que este selo de calidade diferenciada
busca promover e protexer as pequenas producións e elaboracións tradicionais artesás de
alimentos de alta calidade, facilitar a diversificación económica das explotacións agrarias e
o incremento do valor engadido das producións locais e mellorar as rendas e fixar
poboación nos medios rural e litoral. Tamén fomentar métodos tradicionais de elaboración
e desenvolver unha gama de produtos diferenciados de calidade, potenciar circuítos curtos de comercialización que permitan o contacto directo entre as persoas produtoras e as consumidoras e promover a visibilización e a participación activa das mulleres en todas as dimensións da actividade artesanal alimentaria.
Gandaría en Rodeiro
No caso de Kalekói, cuxas instalacións están situadas en Lalín e a gandaría familiar da
que se abastecen en Rodeiro, a principal materia prima é o leite, co que diariamente elaboran iogur e quefir, ademais de envasar leite pasteurizado. En 2020 apostaron por
vacas cunha xenética seleccionada que permite obter leite carente de beta-caseína A1, e
que dá lugar ao coñecido como leite A2, converténdose na primeira empresa galega que
sacou ao mercado unha gama de iogures elaborados con este leite que permite unha
mellor asimilación dos nutrientes ao noso organismo. Nos produtos manteñen a esencia
dunha elaboración natural, conservando a receita familiar e coidando especialmente a
materia prima.
"Para Kalekói é unha importante diferenciación que os nosos iogures estén amparados pola norma técnica e que poidan levar aparellados a imaxe de marca Artesanía Alimentaria", sinalan os responsables da empresa dezá.
Así mesmo, recala que "comercialmente axudaranos a que o cliente final poida asociar Kalekói cun iogur elaborado de forma tradicional, un produto de ciclo pechado de produción, que é o que en Kalekói vimos facendo desde os nosos inicios. Traemos a leite do nosa gandería familiar en Rodeiro, transformámola no noso obrador de Lalín e a partir de aí xestionamos toda a comercialización ata pechar o ciclo”.
Os presentes no acto, realizaron unha visita polas instalacións e finalizaron o mesmo cunha cata de produtos.
Xornadas informativas
Precisamente para dar a coñecer o novo selo de Artesanía Alimentaria, a semana que vén
hai programadas senllas xornadas técnicas en Lugo e Barbadás. A primeira terá lugar no
edificio administrativo da Xunta ás 10:00 h. do martes 18 de outubro e a segunda á mesma
hora do xoves 20 no Centro Empresarial Transfronteirizo.
Nestas xornadas, abordaranse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a
produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o
control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén
se tratará o propio proceso de inscrición no distintivo de Artesanía Alimentaria e o inicio da
actividade artesanal.
A maiores, haberá un apartado sobre prácticas innovadoras, así como exemplos de
normas técnicas e de produtos artesáns. Nesa liña, en Lugo tratarase -da man da Aula de
Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela (USC)- a norma técnica de
elaboración de queixo artesán cun exemplo práctico ao final a cargo dunha queixería. No
caso de Barbadás, o Centro Tecnolóxico da Carne dará a coñecer as peculiaridades da
norma técnica de derivados cárnicos, mentres o exemplo do remate será de elaboración
dun aceite de oliva artesán.
Os interesados nestas xornadas poderán apuntarse completando -no caso de Lugo- o
formulario do seguinte enlace (https://forms.gle/znNwPcQHJ3mrzpFG8) e nestoutro
(https://forms.gle/uGTCe2sHbgVGZxQFA ) no caso de Barbadás. Para máis información,
pódese chamar ao teléfono 627 570 950 ou enviar un correo electrónico a








Comentarios