top of page

Un home sofre queimaduras nun incendio orixinado nunha palleira en Vilar de Donas, en Palas de Rei

É o segundo lume destas características producido en catro días nas comarcas, xa que o domingo outro arransou máis de 60 toneladas de herba seca en Boimorto


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O lume de hoxe. Autor: Ecos da Comarca

Este xoves orixinouse un incendio nunha palleira dunha explotación gandeira de Vilar de Donas, en Palas de Rei, en concreto, produciuse na S.A.T. San Antonio. Cabe mencionar que é o segundo lume nas comarcas que prende na herba seca en catro días, xa que o pasado domingo arderon máis de 60 toneladas nunha granxa de Sendelle (Boimorto). No caso do lume palense, saldouse cunha persoa ferida.

Autor: Ecos da Comarca


Foi un dos socios desta SAT que se atopaba no lugar o que se decantou do lume pasados uns minutos das oito da mañá. "Eu xa estaba na explotación e de repente, olín a queimado. E xa vin as lapas na herba seca. E foi todo moi rápido, xa que entrei dentro da nave para sacar do seu interior unha das máquinas. Pensei que me daba tempo, porque como digo, foi todo moi rápido, pero estando no interior da máquina como unha das ventás estaba aberta queimeime". En concreto, esta persoa, que como dicimos se trata dun dos socios da S.A.T, sufríu queimaduras na man esquerda. El dirixiuse polo seus propios medios ao centro médico de Palas de Rei onde lle curaron as feridas e lle vendaron a man e o brazo e despois, xa volveu para o lugar.



Publicidade

Durante toda a mañá os servizos de extinción traballaron incansablemente e loitando contra a enorme fumareda, tal e como puidemos comprobar in situ ECOS DA COMARCA que nos desprazamos ao lugar sobre as 11:30 horas. En concreto, nese momento estaban alí os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso, a Garda Civil de Palas e veciños e socios da explotación afectada con pás para retirar a herba ao exterior e tamén colaboraron na extinción con cisternas. O 112 Galicia tamén informou a este medio de que deran aviso a Protección Civil de Palas de Rei e ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

Tal e como nos contaron dous dos socios, no interior da palleira había tanto herba seca como palla, e toda deste ano. As perdas son cuantiosas polos enormes danos da estrutura da nave, da que practicamente non queda nada, e pola cantidade de alimento almacenado para gando. (Os alí presentes falaban dunhas 200 toneladas). A palleira estaba case ao completo aínda que afortunadamente, lles queda máis herba pendente de recoller. Esta explotación conta cunhas 600 cabezas de gando e por sorte, e pesar de que se atopan nunha granxa a escasos metros da nave incendiada, non sufriron danos.


Igual que aconteceu no incendio de Boimorto, tamén neste caso, a primeira hipótese que se baralla da causa do lume é a autocombustión da propia herba.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page