Luis López dá a benvida ao viveiro de empresas de Lalín e Barro-Meis a oito novos emprendedores
- Laura Moure
- hace 3 días
- 3 Min. de lectura
No caso de Lalín, están ocupadas as cinco oficinas, mentres que das tres naves ofertadas, están dúas dispoñibles así como un espazo para coworking
Laura Moure/Lalín
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, entregou este mércores a oito iniciativas empresariais emprendedoras espazos para impulsar o seu negocio nos viveiros de empresa cos que conta o organismo provincial nos polígonos de Barro-Meis e Lalín. Unha mostra das facilidades que ofrece a Deputación para estimular o emprendemento na provincia, que pasa pola cesión de oficinas e naves a prezo reducido durante un ano, con posibilidade de dúas prórrogas anuais adicionais, e con asesoramento técnico para promover o crecemento destas empresas durante a súa fase inicial. “Hoxe é un día moi importante para a Deputación, para os beneficiarios dos novos espazos destes viveiros e para a economía de toda a provincia”, afirmou o presidente despois de facer entrega das chaves a estes oito emprendedores das súas novas instalacións.

De mans do mandatario provincial recibiron as chaves dos seus novos espazos representantes de empresas de sectores estratéxicos para a economía da provincia. Entre os oito beneficiarios sitúanse Iniciativas innovadoras no sector da construción como son Caslúa, Cotacero e a do emprendedor Alejandro González Magdalena; da enerxía limpa, como Solpor Energies; da tecnoloxía, con Tecnobelts; da cadea mar industria, con Conservas Artesanais Galegas; do turismo ligado ao deporte, con Ocio, Deporte e Servizos; e, finalmente, do comercio, con E-Exporta.
“O que vos teño que dicir resúmese en tres palabras: Parabéns, ánimo e grazas. Parabéns, porque o voso proxecto demostrou ser merecedor dun espazo neste viveiro de empresas; ánimo, porque calquera proxecto que comeza require unha dose de esforzo e traballo moi importante. E grazas porque se somos unha provincia extraordinaria é grazas a persoas coma vós, emprendedores que puxeron o seu diñeiro, o seu talento e o seu diñeiro á disposición da provincia”, recoñeceu o presidente da Deputación.
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
Agradecidos pola oportunidade e motivados ante o desafío que teñen por diante amosáronse os beneficiarios destes espazos. “Emprender é ver oportunidades onde outros ven problemas e non é nada doado, moitos quedan na primeira fase. Non é o mesmo facelo só, que ter a alguén que te apoio, neste caso, a Deputación, que nos permite ter un camiño sen tantas curvas para chegar ás nosas metas”, declarou Beatriz Castro, representante de Caslúa Import, empresa dedicada á importación e exportación de casas cápsula. Nun sentido similar pronunciouse Jose Alfonso González, representante de Tecnobelts, empresa especializada na fabricación e subministros de equipos a industrias variadas como a alimentación ou o automóbil; ao recoñecer que “estamos encantados de ampliar as nosas instalacións e poder crecer algo máis”.
Ocupación dos viveiros de empresas
Coa entrega destas naves o oficinas a oito novos emprendedores —un deles ocupará unha oficina no viveiro de Lalín, o resto instálanse en Barro Meis— confírmase a utilidade e a elevada demadata que teñen estes espazos que a Deputación pon a disposición dos emprendedores da provincia. Así, no viveiro de empresas de Barro-Meis, están ocupadas as 16 naves existentes, así como 18 das 24 oficinas dispoñibles, mentres que tamén están libres tres prazas no espazo de coworking. No caso de Lalín, están ocupadas as cinco oficinas, mentres que das tres naves ofertadas, están dúas dispoñibles así como un espazo para coworking.
Publicidade
Un bo momento que tamén atravesa este polígono empresarial impulsado pola Deputación na comarca do Salnés cunha ocupación do 83 % e que alberga empresas punteiras como Froiz, Frutas Moncho ou Hijos de Rivera e que conta só con 13 parcelas libres, das que tres están reservadas. “Uns datos moi positivos aos que tamén contribuíu á Deputación co traslado do parque de maquinaria”, engadiu Luis López.
Despois de reiterar os parabéns e desexar sorte aos emprendedores, reafirmar o compromiso do goberno provincial co tecido empresarial e amosar o orgullo polos datos de ocupación dos viveiros que demostran que foron un acerto e que dentro deles hai excelentes profesionais, o presidente da Deputación amosouse convencido de que “dentro do éxito que van ter estes proxectos, que cando pasedes por diante do viveiro digades: ‘aquí comezou todo”, concluíu Luis López.
Comentarios