top of page

Luis López asina co alcalde de Lalín unha achega de 1,1M€ para ampliar o auditorio de Vilatuxe

O presidente provincial salienta a colaboración entre as administracións provincial e municipal para executar proxectos estratéxicos que melloran as infraestruturas e axudan a afrontar ao reto demográfico


Laura Moure/Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Lalín, José Crespo, para a ampliación do auditorio da parroquia de Vilatuxe e a urbanización da súa contorna. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos.


No Pazo provincial, López e Crespo selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 1,1 millóns de euros para financiar unha obra valorada en preto de 1,8 millóns de euros. “É unha aposta por levar servizos ás parroquias, algo que coincide co labor descentralización da Deputación, para que os veciños poidan contar con infraestruturas de calidade vivan onde vivan”, destacou o dirixente provincial.

ree

O proxecto servirá para actuar no auditorio de Vilatuxe, tanto para a súa ampliación como para a urbanización da súa  contorna que conta con varios  equipamentos municipais. A reforma suporá a modernización integral do edificio en varios aspectos como a climatización, a iluminación e a implantación dun sistema de detección de incendios e evacuación. Mentres que coa urbanización levarase a cabo a renovación de firmes, a ampliación do número de prazas de aparcamento e o acceso á edificación para que sexa máis cómodo e seguro, así como a construción de beirarrúas e o soterramento de todos os servizos.


“Para Lalín é unha obra moi importante. En Vilatuxe temos unha escola de música que funciona con máis de 100 alumnos, polo que ten que ter unhas infraestruturas axeitadas e o auditorio para a actividade que hai non chega. Ese é o motivo do Plan Extra, para que o auditorio de Vilatuxe sexa un referente para o bo facer na arte da música”, explicou o rexedor, quen recoñeceu tamén que “é motivo de satisfacción que a Deputación sacara este Plan Extra, sen el non poderiamos acometer esta obra”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Neste sentido, o presidente provincial lembrou que este luns remata o prazo de presentación de solicitudes para a segunda convocatoria do Plan Extra, dotado con 35 millóns de euros para impulsar proxectos estratéxicos nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. “Seguro que os concellos realizarán unha importante achega de proxectos estratéxicos que van mellorar a calidade de vida dos veciños e das veciñas.”, sinalou López.


A colaboración da Deputación co Concello de Lalín non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 3M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page