top of page

Luis Calvo desvela o seu equipo co que busca revalidar a Alcaldía de Agolada

A lista está formada por 21 persoas das cales se inclúen catro dos actuais concelleiros e incorpora nos postos de saída a Margarita Varela, quen xa formou parte da política local


Laura Moure/Agolada

Hoxe, 24 de abril, acaba o prazo de presentación das candidaturas para as municipais de maio. Nos últimos días, xa coñecemos varias das listas das comarcas e hoxe desvelamos a lista do actual alcalde de Agolada, Luis Calvo, do PAYJ. O seu equipo co que pretende revalidar a Alcaldía está composto por 21 persoas, das cales, catro son actuais concelleiros, e tamén outras catro, xa formaron parte da súa candidatura no 2019.

"Teño a sorte de contar cun gran equipo. Persoas que son moi queridas no pobo e que se incorporan a este proxecto con moitas ganas de traballar e de dar o mellor de si para poder darlle continuidade a nosa labor destes últimos catro anos", recalca o actual rexedor e candidato á Alcaldía do PAYJ, Luis Calvo.

Unha das incorporacións máis destacadas é a de Margarita Varela que ocupará o posto número 3. Varela volve á política local agoladesa xa que foi concelleira e tenente de alcalde durante un dos mandatos do popular Ramiro Varela. Ademais, é unha muller moi coñecida porque desempeña a súa profesión na farmacia da localidade.

A lista do PAYJ para os vindeiros comicios é a seguinte:

  1. Luis Calvo Miguélez: actual mandatario de Agolada.

  2. Óscar Val García: actual tenente alcalde e concelleiro de Turismo e de Deportes. É de Carmoega.

  3. Margarita Varela Iglesias natural de Órrea, pero reside en Trabancas. Xa foi concelleira fai anos co grupo popular.

  4. Marcos Galego Amor de Borraxeiros e actual edil de Sanidade e Servizos Sociais.

  5. Pedro García Casares de Ferreiroa e actual concelleiro de Obras.

  6. María Cruz González Diéguez de Ventosa, pero reside en Esperante. Xa formou parte da candidatura do PAYJ no 2019.

  7. Alejandro Otero Lois, de Borraxeiros.

  8. José García Roibás, de Ramil.

  9. Isabel Alba Gómez, de Amance (Eidián).

  10. Julio Taboada Lodeiro de San Paio de Bais.

  11. María Paz Gil Sobrado de Agra que repite na candidatura do PAYJ. En 2019 saíu concelleira, pero por motivos familiares viuse obrigada a deixar o seu cargo substituíndoa Concepción Carballal.

  12. Concepción Carballal Penas de Agolada e actual concelleira de Cultura e Educación.

  13. Alberto Val García de Carmoega. Que repite na candidatura do PAYJ.

  14. Plácido Gónzalez González de Agolada.

  15. Juan Carlos González Otero de Agolada.

  16. Luz Divina Lamela Rivas de Eidián.

  17. Juan Luis Otero Pallares do Sexo.

  18. Darío Méndez Castro de Carmoega. Súmase de novo á candidatura do PAYJ.

  19. José Antonio Fernández González de Ventosa.

  20. Guadalupe Negro Taboada de Borraxeiros.

  21. Manuel Crespo Buján de Merlín.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page