top of page

Lorenzana ve positivo que a UE declare estratéxica a mina de Touro, pero aclara que non garantiza a súa autorización

hace 2 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Touro/O Pino

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, considerou onte “positiva” a declaración do proxecto mineiro de Touro-O Pino como proxecto estratéxico europeo "porque ratifica que Galicia conta con recursos naturais que poden desempeñar un papel relevante no futuro industrial de Europa".

En resposta a unha pregunta oral no Pleno do Parlamento, Lorenzana asegurou, non  obstante, que isto non significa que teña garantida a súa autorización. “A tramitación vai ser exactamente a mesma e, polo tanto, imos garantir todos os procedementos ambientais para que, se o proxecto chega a ser aprobado é porque, efectivamente, ten unha tramitación ambiental favorable”, asegurou, para insistir en que “se non é técnica e ambientalmente viable, non será autorizado por parte da Xunta”. “Temos claro que a axilidade administrativa é imprescindible, pero nunca perdendo seguridade xurídica ou ambiental”, subliñou.

 PUBLICIDADE

A conselleira indicou, ademais, que está aliñado coa política mineira da Xunta que, de acordo á Lei de recursos naturais de Galicia, establece aos promotores a obriga de presentar un plan social que xere un retorno económico para os concellos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Neste sentido, indicou que este proxecto, aínda que iniciou a súa tramitación antes da entrada en vigor desta normativa, presentouno voluntariamente e asumiu un compromiso de destinar o 5 por cento dos beneficios antes de impostos a actuacións vinculadas ao impacto económico e social na zona.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page