A artista de Boimorto Luz Casal recibe o LXVIII Premio Fernández-Latorre
Ecos da Comarca/Boimorto
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou onte a capacidade de unión de artistas como a cantante Luz Casal, natural de Boimorto, que a través da súa música logra emocionar a cidadáns de diferentes xeracións e países, sen renunciar ás súas orixes.

PUBLICIDADE
Durante a súa intervención na entrega do LXVIII Premio Fernández-Latorre, que este ano recoñeceu a traxectoria profesional da cantante de Boimorto, o presidente destacou a versatilidade da artista e agradeceu que co seu talento leve o nome de Galicia por todo o mundo.
PUBLICIDADE
Rueda lembrou ademais que Luz Casal conta, entre outras distincións, coa Medalla Castelao e a Medalla de Galicia e salientou o éxito do Festival da Luz, que cada ano organiza na súa vila natal.









Comentarios