top of page

Lorenzana aborda con Metaldeza as oportunidades que ofrece o sector da seguridade e a defensa

Laura Moure/Lalín

A conselleira de Economía e Industria,María Jesús Lorenzana, destacou, nunha reunión con responsables de Metaldeza, opotencial da empresalalinense para diversificar a súa actividade e incorporarse aos sectores da seguridade e da defensa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Así, sinalou que a compañía, con sede en Lalínpode converterse nun referente grazas á súa aposta pola innovación e ainternacionalización, dous piares fundamentais para competir en mercados de alto valorengadido.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Lorenzana mantivo en San Caetano un encontro de traballo con Ramón Cuiña, presidente

desta empresa familiar, a quen agradeceu a súa disposición para impulsar novas

capacidades industriais e atraer grandes proxectos que leven asociada a fabricación en

Galicia, dous dos obxectivos da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e

Aeroespazo (Iesda) coa que a Xunta de Galicia ten previsto mobilizar 900 millóns de euros

ata 2030 e favorecer a creación dun cento de empresas no sector.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Metaldeza foi, precisamente, unha das 52 beneficiarias da primeira liña de axudas por

importe de 1,5 millóns de euros convocadas pola Xunta no marco da Iesda e destinada a

facilitar a obtención de certificacións como subministradoras para os sectores da

seguridade e da defensa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page