Localizan a unha muller camiñando de noite e descalza pola autovía
- ecosdacomarca
- hace 10 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil auxiliou a unha persoa cando camiñaba desorientada pola autovía A-8 ao seu paso pola localidade lucense de Mondoñedo. Camiñaba de noite e descalza, facendo indicacións de que pararan os vehículos que discurrían pola vía. No momento da súa localización carecía de documentación coa que acreditar a súa identidade.

Os feitos, tal e como informa a Garda Civil, tiveron lugar durante a madrugada do pasado luns, cando tras localizar a esta persoa, constátase que non é capaz de facilitar aos axentes a súa filiación correcta dado o seu estado de saúde, ante esta tesitura é trasladada en primeira instancia ao centro hospitalario de Burela, onde permanece ingresada varias horas e, tras a realización das probas médicas pertinentes, é trasladada para o seu ingreso no HULA de Lugo.
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
Previamente ao seu traslado ao centro médico provéselle de roupa e calzado, e xestiónase o seu acondicionamento en estancias municipais situadas en Vilanova de Lourenza.
Publicidade
No día de onte lógrase identificar fidedignamente a esta persoa, sendo unha veciña da comunidade de Madrid, de 55 anos de idade. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución non 1 de Mondoñedo (Lugo).
Comentarios