Licitan a mellora do firme de tres estradas autonómicas, entre elas unha ao seu paso por Sobrado
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas na área da Coruña, entre elas unha ao seu paso polo concello de Sobrado dos Monxes, que suporán un investimento de máis de 2.651.840 euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 19 de abril. Os traballos contan cun prazo de execución de seis meses.
O obxectivo é rehabilitar o firme en varios treitos das estradas autonómicas AC-231, AC-400 e AC-552, que discorren polos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Cambre, Culleredo, Cerceda, A Coruña, Arteixo, A Laracha e Carballo.
Os traballos consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións. As intervencións completáranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e os treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.
A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.









Comentarios