top of page

Lete reivindica en Lalín o peso do automobilismo galego no calendario nacional con 10 probas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Fíxoo este luns durante a presentación do Rali do Cocido que terá lugar esta fin de semana


Laura Moure/Lalín

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación da vixésimo sétima edición do Rali do Cocido que terá lugar esta fin de semana na comarca do Deza e que tamén pasará polos concellos de Silleda e Vila de Cruces.

O mandatario galego reivindicou ante os representantes da Real Federación Española de Automovilismo o peso do motor galego no calendario nacional cun total de 10 probas galegas entre as que destaca este Rali do Cocido. O rally de Lalín é a primeira proba da Copa de España de Rallys de Asfalto, patrocinada por Recalvi, e que conta con outras dúas probas galegas: o Rally Rías Baixas e o Rally Cidade de Narón, polo que o 43% das sete probas da Copa, son galegas. Neste sentido, Lete Lasa reclamou maior peso para o automobilismo galego no gran campionato de rallyes da federación nacional: o Supercampionato de España de Rallyes que na actualidade só conta cunha proba galega: o Rally de Ourense.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O secretario xeral para o Deporte destacou a importancia tanto de eventos culturais como a Feira do Cocido, recoñecida Festa de Interese Turístico Internacional en 2020, así como das probas deportivas de primeiro nivel que se celebran en Galicia polo seu evidente beneficio para a economía galega enchendo os establecementos hoteleiros e hostaleiros. Neste sentido, lembrou que o vindeiro fin de semana do 5, 6 e 7 de maio terá lugar en Lalín unha proba do mundial de Enduro.


LISTA DEFINITIVA DE INSCRITOS:


TODA A INFORMACIÓN DESTE RALI: https://www.ralidococido.com/




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page