top of page

'Ler conta moito' volta este venres a Silleda cunha sesión sobre o conto Vivan as uñas de cores!

Este martes este Concello iluminará de rosa o Consistorio porque hoxe conmemórase o Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama


Laura Moure/Silleda

O programa Ler conta Moito volta este venres, día 22, á biblioteca pública municipal Daniel Castelao de Silleda cunha función baseada no exitoso libro Vivan as uñas de cores! A sesión, a cargo da compañía Encanto trata da igualdade de xénero, da discriminación e do acoso escolar, da amizade, do amor e apoio incondicional dos pais aos fillos. "Juan pinta as uñas porque lle gusta moito... porque pintar as uñas é cousa de todos".

A sesión está baseada no libro homónimo escrito por Luis Amavisca, Alicia Costa e con ilustracións de Gusti. A cita, para o público infantil, será as 17:30 horas. Con esta sesión péchase a programación deste ano de Ler Conta Moito en Silleda, sendo a terceira das tres funcións. Esta última aposta servirá tamén para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o vindeiro domingo 24.


E para conmemorar outra data, xa que hoxe celébrase o Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, o Concello de Silleda iluminará de rosa este martes á noitiña o Consistorio.


Recollida de plásticos

Por outra banda, a recollida de plásticos agrícolas e de invernadoiros comezou a realizarse este luns no municipio de Silleda, nunha segunda fase anual na que se recibiron un total de 107 avisos. Naprimeira fase, que se levou a cabo no pasado mes de maio, retiráronse preto de 45.000 quilos.


Os avisos corresponden a 27 parroquias, incluíndo solicitudes de usuarios que nunca antes participaran, o que indica un maior grado de concienciación á hora de reciclar este material. Destacan con máis de explotacións as parroquias de Parada, Oleiros, Laro, Cortegada, Graba, Escuadro, Moalde, Lamela e Cervaña, con máis de cinco avisos.


Nesta edición, dado o volumen de avisos, participarán dous vehículos, rematando os traballos previsiblemente este venres día 22, logo de establecer un calendario por zonas para este servizo, sen custe algún para os gandeiros e agricultores silledenses.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page