top of page

Lalín, Silleda e Vilade Cruces admitidos no programa Provincia Activa da Deputación de Pontevedra

Un total de 160 entidades de 44 concellos da provincia desenvolverán as actividades, mobilizando ata 4.000 persoas, mentres que 93 forman a lista de agarda


Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra aprobou onte a relación de entidades admitidas no programa Provincia Activa. Unha iniciativa dotada con preto de 270.000 euros, un 86% máis que o pasado ano, que, como recordou o presidente Luis López, buscan “promover actividades que xeren espazos de encontro e intercambio para as persoas maiores”. En total, son 253 as entidades admitidas, das que 160 contan xa cun obradoiro adxudicado e as outras 93 quedan na lista de agarda.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

As 160 entidades que teñen xa adxudicado un obradoiro mobilizarán a ata 4.000 persoas maiores de 50 anos de 44 concellos da provincia: A Estrada, A Guarda, A Lama, Arbo, As Neves, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Cangas de Morrazo, Cerdedo Cotobade, Covelo, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, O Campo Lameiro, O Grove, O Porriño, O Rosal, Oia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior. Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os obradoiros están englobados este ano en sete áreas diferentes: ‘Benestar natural’, ‘Saúde en movemento’, ‘Emociónate’, ‘Outra vida’, ‘Con ritmo!’, ‘Redeir@s’ e ‘Cerebro activo’. “Cremos na necesidade de romper fendas, de non deixar a ninguén atrás -asegurou o presidente provincial-. E por iso apostamos por programas como este, sumando recursos para fomentar o envellecemento activo e aumentar a calidade de vida das persoas maiores da provincia”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page