Lalín estrea novas e vistosas cabinas de teléfono para os taxistas
- Laura Moure

- 11 may 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Lalín
Lalín estreou hoxe novas cabinas de teléfono para os taxistas. E coma en todo e como para gustos hai cores, hai a quen lle gustan e a quen non, pero o que si é certo que non pasan desapercibidas.
"Á hora de modernizar as cabinas de teléfono para os taxistas tiñamos claro que queriamos que tiveran personalidade e que foran facilmente identificables. Por iso contactamos con Olalla Garra, a creadora que xa deseñara con éxito a tan aplaudida imaxe das Aldeas de Nadal, e aquí está o froito do seu traballo. Parabéns", sinala o alcalde do municipio.








Comentarios