top of page

Lalín adquirirá un garaxe para o material deportivo de salto con pértega do Manuel Anxo Cortizo

É posible grazas a unha achega de máis de 14.000 euros da Deputación de Pontevedra


Laura Moure/Lalín

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega de máis de 14.000 euros para que o Concello de Lalín adquira un garaxe para protexer o material deportivo de salto con pértega para situar na pista de atletismo do estadio Manuel Anxo Cortizo.

A concesión enmárcase no terceiro Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de 8 millóns de euros con destino a que os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia poidan subvencionar proxectos municipais de construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivos, así como para a modernización, remodelación e mellora de instalacións e espazos xa existentes.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O novo garaxe para o estadio Manuel Anxo Cortizo terá un sistema adaptado á contorna de tal xeito que permita de forma segura e sinxela tapar e destapar o colchón de salto con pértega para a súa práctica. A cuberta será de chapa tipo trapecio e contará cun sistema de corredora para o seu desprazamento, así como con rodas xiratorias de lamia ancha para outorgar facilidade e liberdade no posicionamento do garaxe e non danar o tartán.  Ademais do garaxe, con estes recursos provinciais que se acaban de aprobar, o Concello de Lalín tamén mercará un somier de colchoneta de salto.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Lalín está a recibir este ano máis de 202.500 € no marco do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, cos que vai impulsar un total de nove actuacións. Ata a data aprobáronse xa máis de 34.000 euros, para a adquisición deste garaxe e para material deportivo para o estadio Manuel Anxo Cortizo, o Lalín Arena e o pavillón municipal.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, cos recursos provinciais deste plan está previsto que Lalín adquira material deportivo para o estadio San Lorenzo Vilatuxe, instale pavimento vinílico na pista do pavillón municipal, repoña o muro de peche no lateral do campo de fútbol de Lalín, dote de cuberta unha zona de xogos, rotule varias zonas no pavillón municipal e adquira máis materiais para o estadio Manuel Anxo Cortizo. Ao remate da terceira convocatoria, Lalín terá recibido máis de medio millón de euros da Deputación no marco deste plan.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page